A Azúmara, Castro de Rei
A Azúmara | |
---|---|
Igrexa de San Xoán da Azúmara. | |
Concello | Castro de Rei[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°11′05″N 7°23′02″O / 43.18476, -7.38382 |
Poboación | 52 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán da Azúmara é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2014 tiña 60 habitantes (29 mulleres e 31 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 97 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]No século XX houbo no monte de Toxeiros unha mina de arsénico. Estaba en proceso de instalación en 1909[2] e en probas en 1910, co nome de mina de San José.[3] En 1932 estaba en funcionamento,[4] e en 1933 incoouse un embargo contra o propietario, Francis Grisewood, polas súas débedas con Facenda, e subastouse unha máquina da mina.[5] Reactivouse en 1943, durante a segunda guerra mundial, da man da empresa Explotaciones Mineras de Arsénico, S. L.,[6] se ben pechou en 1954.[7] Nese ano as autoridades incautaron para proceder á súa poxa diversos bens debido ás debedas da empresa coa Administración pública.[8]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Antiga mina de arsénico.
-
Río Azúmara ao seu paso pola parroquia.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Azúmara
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia da Azúmara no concello de Castro de Rei (Lugo) | |
---|---|
A Azúmara | Campo do Outeiro | O Corral | Costanza | O Curro de Riba | Escairo | Fonte de Tras | A Fonte do Val | Fontixón | A Igrexa | Monelos |
Parroquias de Castro de Rei
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "La riqueza arsenical de Galicia". Galicia Nueva. 4 de febreiro de 1909. p. 1.
- ↑ "Noticias de Galicia: Lugo". El Eco de Galicia. 2 de novembro de 1910. p. 1.
- ↑ "De Meira: denuncia por robo". La Voz de la Verdad. 8 de maio de 1932. p. 7.
- ↑ "Recaudación de contribuciones de la 2.ª zona de Lugo". Boletín Oficial de la Provincia de Lugo. 30 de decembro de 1933. p. 2.
- ↑ "División Hidráulica del Norte de España. Aprovechamientos - Recursos". Boletín Oficial de la Provincia de Lugo. 20 de marzo de 1943.
- ↑ "A mina de arsénico que enriqueceu a Castro de Rei e a súa posible relación coa Alemaña nazi". Historia de Galicia. 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Administración de Justicia. Magistratura provincial de Trabajo". Boletín Oficial de la Provincia de Lugo. 17 de xullo de 1954. p. 3-4.