A Última Floresta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Última Floresta
Ficha técnica
Título orixinalA Última Floresta
DirectorLuiz Bolognesi
Produtor
Guión
FotografíaPedro J. Márquez
EstudioGullane
Buriti Filmes
DistribuidoraGullane Filmes
Estrea9 de setembro de 2021
Duración74 minutos
Orixe Brasil
XéneroDocumental
Na rede
IMDB: tt14029622 Filmaffinity: 223841 Netlix: 81503933Editar o valor em Wikidata

A Última Floresta é un filme documental brasileiro de 2021 dirixido por Luiz Bolognesi, con guión de Bolognesi e do xamán yanomami Davi Kopenawa.[1]

Produción[editar | editar a fonte]

O filme ten parcialmente o carácter dun documental e tamén está baseado no libro A Queda do Céu – Palavras de um Xamã Yanomami, escrito polo antropólogo Bruce Albert e lanzado en 2015, enfocándose nas vivencias e tradicións do pobo yanomami e as súas loitas pola supervivencia. As historias están relatadas a través das falas de Kopenawa, que é o personaxe central do libro e do filme.[2][3][4] Alén da colaboración con Kopenawa na escrita do guión, Bolognesi contou coa colaboración doutros indíxenas.[2]

Estrea[editar | editar a fonte]

O filme foi lanzado en marzo de 2021 no Festival Internacional de Cinema de Berlín, sendo o único representante brasileiro, e foi lanzado no Brasil como peche do festival É Tudo Verdade. Dende entón participou en varios festivais e mostras de cinema, entre eles o rec•tyty (primeiro festival de arte indíxena contemporánea), o Visions du Réel, o Docs Barcelona, o Festival Imagem dos Povos, e a Mostra Ecofalante de Cinema Ambiental.[1][5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]