Applications Technology Satellite 3
Applications Technology Satellite 3 | |
---|---|
ATS-3 | |
Tipo | Demostrador tecnolóxico |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 5 de novembro de 1967[1][2][3][4] |
Foguete portador | Atlas[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial Kennedy[2][6] |
Obxectivo da misión | Demostración de novas tecnoloxías no espazo.[2] |
NSSDC ID | 1967-111A |
Masa | 365 kg[2][5] |
Baterías | Dúas, de níquel-cadmio[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 42.164,5 km[1] |
Inclinación | 8,3 graos[1] |
Apoapse | 35.866,8 km[1] |
Periapse | 35.720,3 km[1] |
Applications Technology Satellite 3 ou ATS 3 é un satélite artificial xeoestacionario dos Estados Unidos adicado a probar novas tecnoloxías e lanzado o 5 de novembro de 1967 mediante un foguete Atlas-Agena D desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.[2] A NASA proclama que é o satélite de comunicacións activo máis antigo.[7]
Características
[editar | editar a fonte]ATS-3 levaba a bordo 11 experimentos, dos cales 8 eran experimentos de enxeñería relacionados con navegación, comunicacións e o control e operación de naves e equipamento. Dous dos outros experimentos eran experimentos de obtención de imaxes para producir imaxes diúrnas en tempo real da atmosfera terrestre. Os experimentos restantes a investigacións ionosféricas.[2]
O satélite tiña forma de cilindro de 180 cm de altura e 142 cm de diámetro. A alimentación eléctrica era proporcionada por dous paneis solares e dúas baterías recargables de níquel-cadmio.[2]
Resultados
[editar | editar a fonte]O satélite serviu como enlace en operacións de rescate, incluíndo o terremoto de México de 1985 e a erupción do Monte Santa Helena en 1980.[8]
Nos anos 1970 o satélite foi usado para fotografar a cuberta nubosa, en especial furacáns en formación no hemisferio occidental. Baixáronse 1200 fotos, aproximadamente unha cada 25 minutos, e da parte diúrna.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ATS 3" (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (8 de xullo de 2011). "ATS 3" (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2011.
- ↑ "Information Furnished in Conformity with General Assembly Resolution 1721 B (XVI) by States Launching Objects into Orbit or Beyond" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (68-04012): 2. 20 de febreiro de 1968. Consultado o 12 de xullo de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2018). "ATS 3" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ATS 1, 3" (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2011.
- ↑ Mark Wade (2018). "ATS-3" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2018.
- ↑ SP-4217 Beyond the Ionosphere - Chapter 6
- ↑ Pae, Peter, "Satellites' Longevity Limits Sales", Los Angeles Times, 1 de decembro de 2008, p. C1.