Applications Technology Satellite 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Applications Technology Satellite 4
O ATS-4.
TipoDemostrador tecnolóxico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento10 de agosto de 1968[1][2][3][4]
Foguete portadorAtlas SLV-3[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial Kennedy[2]
Duración da misión[6]
Obxectivo da misiónDemostración de novas tecnoloxías no espazo.[2]
Decaemento17 de outubro de 1968[1]
NSSDC ID1968-068A
Masa305 kg[2][5]

Applications Technology Satellite 4 ou ATS 4 foi un satélite artificial dos Estados Unidos adicado a probar novas tecnoloxías e lanzado o 10 de agosto de 1968 mediante un foguete Atlas SLV-3 desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.

Características[editar | editar a fonte]

ATS-4 probou diferentes tecnoloxías:[2]

  • Probou novos conceptos en deseño de satélites, propulsión e estabilización.
  • Tomou imaxes de alta calidade da cuberta nubosa e enviou datos meteorolóxicos procesados a través doutro satélite.
  • Proporcionou medidas in situ do contorno aeroespacial.
  • Probou sistemas de comunicación mellorados.

O satélite tiña forma de cilindro de 1,42 metros de diámetro e 1,83 metros de altura. A enerxía eléctrica proporcionábaan dous paneis solares que alimentaban un par de baterías recargables de níquel-cadmio. O satélite dispoñía de catro pértegas extensibles que podían alongarse ata os 28,2 metros de lonxitude para proporcionar estabilización por gradente gravitatorio.[2]

O sistema de telemetría consistía en catro transmisores de 2,1 vatios de potencia, dous transmitindo en 136,47 MHz e os outros dous en 137,35 MHz, ademais dun experimento de comunicación por microondas.

O satélite levaba a bordo dous motores de ións de cesio para medir o seu pulo e a compatibilidade electromagnética con outros subsistemas da nave. Os propulsores medían 5 cm de diámetro e foron deseñados para funcionar a 0,02 kW de potencia, proporcionando 89 mN de forza cun impulso específico de 6700 segundos. A voltaxe de entrada no motor era de 3000 voltios e a cantidade de propelente a bordo era de 0,05 kg. En probas previas en terra o récord de funcionamento era de 2245 horas. No ATS-4 o motor funcionou só 10 horas debido á finalización prematura do experimento pola posta en órbita incorrecta do satélite. O experimento cos motores iónicos supuxo a primeira proba orbital deste tipo.[2][5][7]

Durante o lanzamento a segunda etapa do foguete non chegou a encenderse, deixando o satélite nunha órbita de aparcadoiro que acabou por facer que o satélite reentrara na atmosfera o 17 de outubro de 1968. Con todo, obtivéronse datos útiles dalgúns dos instrumentos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ATS 4" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (8 de xullo de 2011). "ATS 4" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2011. 
  3. "Information Furnished in Conformity with General Assembly Resolution 1721 B (XVI) by States Launching Objects into Orbit or Beyond" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (68-25206): 2. 12 de novembro de 1968. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2018). "ATS 4" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ATS 2, 4, 5" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2011. 
  6. Mark Wade (2018). "ATS-4" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  7. Mark Wade (2011). "ATS 5 cm" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]