Applications Technology Satellite 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «ATS 1»)
Applications Technology Satellite 1
ATS-1
TipoDemostrador tecnolóxico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento7 de decembro de 1966[1][2][3][4]
Foguete portadorAtlas[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial Kennedy[2][6]
Obxectivo da misiónDemostración de novas tecnoloxías no espazo.[2]
NSSDC ID1966-110A
Masa352 kg[2][5]
Datos orbitais
Semieixo maior42.142,4 km[1]
Inclinación6,6 graos[1]
Apoapse36.793,0 km[1]
Periapse35.749,9 km[1]

Applications Technology Satellite 1 ou ATS 1 foi un satélite artificial dos Estados Unidos adicado a probar novas tecnoloxías e lanzado o 7 de decembro de 1966 mediante un foguete Atlas-Agena D desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.

Características[editar | editar a fonte]

ATS-1 probou diferentes tecnoloxías:[2]

  • Probou novos conceptos en deseño de satélites, propulsión e estabilización.
  • Tomou imaxes de alta calidade da cuberta nubosa e enviou datos meteorolóxicos procesados a través doutro satélite.
  • Proporcionou medidas in situ do contorno aeroespacial.
  • Probou sistemas de comunicación mellorados.

O satélite estabilizábase mediante xiro e tiña unha estrutura de aluminio recuberta de células solares que producían 180 vatios de potencia. Usaba baterías de níquel-cadmio cunha capacidade de 12 amperios-hora, un sistema de mantemento da posición que usaba hidracina, dous sensores solares e dous acelerómetros. A carga útil incluía detectores de ións, espectrómetros, unha cámara, un experimento de comunicacións en banda C (usado para emisións internacionais de televisión) e un sistema de comunicacións mediante VHF.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ATS 1" (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (8 de xullo de 2011). "ATS 1" (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2011. 
  3. "Information Furnished in Conformity with General Assembly Resolution 1721 B (XVI) by States Launching Objects into Orbit or Beyond" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (67-07222): 2. 3 de abril de 1967. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2018). "ATS 1" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ATS 1, 3" (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2011. 
  6. Mark Wade (2018). "ATS-1" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]