Saltar ao contido

Defense Meteorological Satellite Program

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «AMS»)
Un DMSP Bloque 1 (DSAP-1).

Defense Meteorological Satellite Program ou, abreviadamente, DMSP, é un programa de satélites meteorolóxicos militares dos Estados Unidos.

A orixe do programa está na necesidade de coñecer a distribución nubosa sobra a Unión Soviética como apoio ao programa de satélites espía CORONA de principios dos anos 1960. O incipiente sistema de satélites meteorolóxicos civís TIROS non se adecuaba ás necesidades militares, polo que a Oficina Nacional de Recoñecemento (NRO) comezou o desenvolvemento de satélites específicos para o seu fin. Co tempo o programa ampliou as súas funcións e deu cobertura a operacións militares ó longo do planeta.

Inicialmente o programa foi coñecido como DSAP (Defense Satellite Application Program) e os primeiros satélites só se comezaron a denominar DMSP de maneira retrospectiva, despois de que o programa se renomeara oficialmente en 1973.

Os satélites DMSP divídense en familias ou "bloques" segundo a tecnoloxía que usaban e a época na que foron lanzados. Pódense dividir en ata 11 bloques.

Coñecidos tamén como P-35, foron a primeira serie de satélites militares dos Estados Unidos. O programa foi inicialmente coñecido tamén coas designacións P-698BH e P-417. Os satélites eran máis pequenos e lixeiros que os satélites civís TIROS. Con forma de poliedro de 10 lados, 53 cm de altura e 58 cm de diámetro, pesaban entre 45 e 55 kg. Estabilizábanse mediante xiro a unhas 12 r.p.m., co eixo de xiro perpendicular ao plano orbital grazas a un sistema de torque magnético. A bordo levaban unha cámara de televisión coa que tomar imaxes da superficie terrestre, que eran gardadas en cinta magnética para logo ser transmitidas a estacións terrestres. Os satélites DSAP-1 eran lanzados a unha órbita heliosincrónica. Inicialmente usáronse foguetes Scout X-2M e Scout X-3M, pero dado o pobre resultado (perdéronse tres satélites de cinco lanzamentos) pasouse a usar foguetes Thor Agena D e posteriormente Thor Burner 1.

Lanzáronse un total de 11 satélites DSAP-1 entre 1962 e 1965, dos cales 4 non chegarían a órbita.

O segundo bloque de satélites DMSP só tivo tres membros, dos cales un non chegou a órbita. Os tres foron lanzados entre 1965 e 1966 mediante foguetes Thor Burner 1. Tratábase de satélites DSAP-1 modificados con radiómetros infravermellos mellorados.

Só houbo un satélite DSAP-3, lanzado mediante un foguete Thor Burner 1 o 20 de maio de 1965 e chegando a órbita con éxito. Era un DSAP-2 modificado para probar de maneira experimental o acceso táctico a información meteorolóxica. Probouse para recibir datos nunha estación terrestre cerca de Saigón.

Un DSMP Bloque 4.
Un DSMP Bloque 4.

A familia DSAP-4A supuxo un salto cualitativo no programa. Lanzáronse catro entre 1966 e 1967, todos con éxito, mediante Thor Burner 2. Eran lixeiramente máis grandes que os seus predecesores, con 76 cm de diámetro, 73 cm de altura e uns 79 kg de peso. Tamén se estabilizaban mediante xiro. Levaban dúas cámaras de televisión a bordo e un radiómetro infravermello de alta resolución para medir perfiles de altura das nubes. A cinta grabadora de abordo tiña maior capacidade que nos satélites anteriores e era capaz de proporcionar información meteorolóxica táctica en tempo real a grupos móbiles en terra ou a buques no mar.

A sexta versión de satélites DMSP eran lixeiramente máis grandes que os seus predecesores e proporcionaban unha maior cobertura meteorolóxica. Lanzáronse tres unidades entre 1968 e 1969, todas sobre foguetes Thor Burner 2. Fabricouse unha cuarta unidade que non chegou a lanzarse e que foi doada ao Museo da Ciencia e da Industria de Chicago.

Unha versión mellorada dos anteriores modelos. Lanzáronse tres entre 1970 e 1971, todos exitosos, mediante foguetes Thor Burner 2.

Lanzáronse cinco satélites desta versión de maneira exitosa, todas entre 1971 e 1974 mediante Thor Burner 2.

Lanzáronse tres unidades entre 1974 e 1976 desta versión mellorada, co último dos satélites acabando nunha órbita incorrecta por fallo da terceira etapa. Os tres foron lanzados usando Thor Burner 2A.

Esta versión foi tamén coñecido como AMS (Advanced Meteorological Satellite). Foi a primeira versión na que os satélites estabilizábanse nos tres eixos en lugar de mediante xiro e integraban a propulsión no bus, consistente nun motor Star 37XE e un Star 37S. A alimentación eléctrica era producida por un panel solar de oito segmentos. Lanzáronse cinco, entre 1976 e 1980, co último non chegando a órbita a causa do malfuncionamento do foguete.

Un DMSP 5D2.

Versión máis grande que os 5D1. Foron lanzados nove entre 1982 e 1997, oito mediante Atlas E/F e un mediante Titan II SLV, todos con éxito.

O bloque máis recente e último da programa é unha versión mellorada dos 5D3. Integran un único motor Star 37XFP e o seu instrumento principal é a cámara Operational Linescan System (OLS). Tamén levan a bordo un sondador de microondas, un detector ultravioleta, un fotómetro, un detector de plasma, un espectrómetro e un detector de láser. Os dous primeiros membros foron lanzados mediante Titan II SLV, mentres que un terceiro foi lanzado mediante un Delta 4M e os dous últimos mediante Atlas 5, todos entre 1999 e 2014.

  • Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DSAP-1" (en inglés). Consultado o 16 de novembro de 2019. 
  • Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DSAP-2" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  • Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DSAP-3" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  • Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DSAP-4A" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  • Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DSAP-4B" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  • Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DSAP-5A" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  • Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DSAP-5B / DMSP-5B" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  • Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DMSP-5C" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  • Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DMSP-5D1 F1, 2, 3, 4, 5" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  • Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DMSP-5D2 F6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  • Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DMSP-5D3 F15, 16, 17, 18, 19, 20" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  • Mark Wade (2019). "DMSP" (en inglés). Consultado o 16 de novembro de 2019. 
  • Mark Wade (2019). "DMSP Block 5A" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  • Mark Wade (2019). "DMSP Block 5B" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  • Mark Wade (2019). "DMSP Block 5C" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  • Mark Wade (2019). "DMSP Block 5D" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  • Mark Wade (2019). "DMSP Block 5D2" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  • Mark Wade (2019). "DMSP Block 5D3" (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]