Saltar ao contido

AJ10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «AJ10-118E»)
Unha segunda etapa dun foguete Delta II, co seu motor AJ10-118K.

AJ10 é o nome dunha familia de motores foguete hipergólicos que consomen ácido nítrico e UDMH, construídos por Aerojet e usados en diferentes foguetes.[1]

O motor AJ10 orixinal, denominado AJ10-37, foi deseñado para o seu uso co foguete Vanguard e máis tarde foi desenvolvido en versións para ser usadas nos foguetes Able (AJ10-41 e AJ10-42) e Delta.[1]

Variantes

[editar | editar a fonte]

O AJ10-101 derivaba da segunda etapa do foguete Vanguard e usouse xunto cunha primeira etapa Thor para lanzar satélites artificiais. As primeiras probas do motor tiveron lugar o 21 de febreiro de 1958.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

Foi unha versión en aceiro inoxidable do AJ10 básico usado no foguete Able e mellorada para aumenta-lo pulo de 34,7 kN a 37,0 kN e incrementar a duración da combustión ata dúas veces e media. Voou por primeira vez en 1960 e a etapa resultante foi denominada Ablestar. Foi o primeiro motor capaz de reencenderse no espazo.[3]

Características

[editar | editar a fonte]

Usado en etapas superiores de distintos foguetes Able e Delta (como o Delta A).[4]

Características

[editar | editar a fonte]
  • Diámetro: 0,84 m[4]
  • Pulo: 33,8 kN[4]
  • Impulso específico: 271 s[4]
  • Tempo de combustión: 115 s[4]
  • Masa: 90 kg[4]
  • Presión da cámara de combustión: 7 bar[4]
  • Número de lanzamentos: 14[4]

AJ10-118D

[editar | editar a fonte]

Usado nas etapas superiores dos foguetes Delta B, Delta C e Delta D. Voou por primeira vez en 1962. Atópase fóra de produción.[5]

Características

[editar | editar a fonte]
  • Diámetro: 0,84 m[5]
  • Pulo: 33,8 kN[5]
  • Impulso específico: 278 s[5]
  • Tempo de combustión: 170 s[5]
  • Masa: 90 kg[5]
  • Presión da cámara de combustión: 7 bar[5]
  • Número de lanzamentos: 24[5]

AJ10-118E

[editar | editar a fonte]

Usado nas etapas superiores dos foguetes Delta E, Delta G e Delta J, Delta L, Delta M e Delta N. Voou por primeira vez en 1965.[6]

Características

[editar | editar a fonte]
  • Diámetro: 1,40 m[6]
  • Pulo: 35,10 kN[6]
  • Impulso específico: 278 s[6]
  • Tempo de combustión: 400 s[6]
  • Masa: 90 kg[6]
  • Presión da cámara de combustión: 7 bar[6]
  • Número de lanzamentos: 47[6]

AJ10-118F

[editar | editar a fonte]

Usado nas etapas superiores dos foguetes Delta 0100 e Delta 1000. Voou por primeira vez en 1972.[7]

Características

[editar | editar a fonte]
  • Diámetro: 1,40 m[7]
  • Pulo: 41,40 kN[7]
  • Impulso específico: 306 s[7]
  • Tempo de combustión: 335 s[7]
  • Masa: 95 kg[7]
  • Presión da cámara de combustión: 9 bar[7]
  • Número de lanzamentos: 13[7]

AJ10-118G

[editar | editar a fonte]

Usado na etapa superiores do foguete Delta G.[8]

Características

[editar | editar a fonte]
  • Pulo: 43,41 kN[8]
  • Impulso específico: 314 s[8]

AJ10-118H

[editar | editar a fonte]

Usado na etapa superior do foguete Delta H.[9]

Características

[editar | editar a fonte]
  • Pulo: 43,41 kN[8]
  • Impulso específico: 319 s[8]

AJ10-118J

[editar | editar a fonte]

Usado na etapa superior do foguete Delta J.[10]

AJ10-118K

[editar | editar a fonte]

Usado na etapa superior do foguete Delta K. Voou entre 1982 (estrenándose no voo Delta 164) e 1989 e alimentábase de tetróxido de nitróxeno e Aerozine 50.[11]

Características

[editar | editar a fonte]
  • Diámetro: 1,70 m[11]
  • Pulo: 43,40 kN[11]
  • Impulso específico: 321 s[11]
  • Tempo de combustión: 444 s[11]
  • Masa: 98 kg[11]
  • Presión da cámara de combustión: 8,96 bar[11]
  • Número de lanzamentos: 127[11]

Foi un modelo a subescala do motor que se usaría no sistema de propulsión do módulo de servizo das naves Apollo. Probouse por primeira vez en 1960.[12]

Características

[editar | editar a fonte]
A nave da misión Apollo 15 en órbita lunar, propulsada por un motor AJ10-137.

Foi o motor elixido para ser usado como propulsión principal do módulo de servizo das naves Apolo.[13]

Características

[editar | editar a fonte]
  • Pulo: 97,50 kN[13]
  • Impulso específico: 312 s[13]
  • Tempo de combustión: 585 s[13]
  • Presión da cámara de combustión: 6,90 bar[13]

Desenvolvido ininicialmente como motor para os foguetes Vanguard e Able. Voou por primeira vez en 1958.[14]

Características

[editar | editar a fonte]
  • Diámetro: 1,53 m[14]
  • Pulo: 35,60 kN[14]
  • Impulso específico: 311 s[14]
  • Tempo de combustión: 440 s[14]
  • Masa: 110 kg[14]
  • Presión da cámara de combustión: 7 bar[14]
  • Número de lanzamentos: 80[14]
  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2011). "AJ10" (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2011). "AJ10-101" (en inglés). Consultado o 23 de marzo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Mark Wade (2011). "AJ10-104" (en inglés). Consultado o 23 de marzo de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Mark Wade (2011). "AJ10-118" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Mark Wade (2011). "AJ10-118D" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "AJ10-118E" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2012. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 Mark Wade (2011). "AJ10-118F" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2012. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Mark Wade (2011). "AJ10-118G" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2012. 
  9. Mark Wade (2011). "AJ10-118H" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2012. 
  10. Mark Wade (2011). "AJ10-118J" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2012. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 11,7 Mark Wade (2011). "AJ10-118F" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2012. 
  12. 12,0 12,1 Mark Wade (2011). "AJ10-131" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2012. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Mark Wade (2011). "AJ10-137" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2012. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 14,6 14,7 Mark Wade (2011). "AJ10-138" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]