Aerozine 50

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aerozine 50 ou Aerozina 50 é un propelente para foguetes composto por unha mezcla aproximada do 50% de hidracina e UDMH (dimetilhidracina asimétrica). Ten un punto de ebulición maior que o UDMH e foi desenvolvido inicialmente para ser usado no mísil Titan 2.[1]

Características[editar | editar a fonte]

O Aerozine 50 é un propelente hipergólico que entra en ignición espontaneamente ao ser usado con oxidantes do tipo do tetróxido de nitróxeno. É usado, ademais de orixinalmente no Titan 2, na segunda etapa do foguete Delta 2.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mark Wade (2011). "Aerozine-50" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2012. 
  2. "Aerozine50: Specifications & DOT Shipping Information" (PDF). 5 de outubro de 2006. Consultado o 18 de marzo de 2012.