ADAMTS13

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ADAM metalopeptidase con motivo trombospondina tipo 1, 13
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
SímbolosADAMTS13 (HGNC: 1366) ; ADAM-TS13; ADAMTS-13; C9orf8; VWFCP; vWF-CP
Identificadores
externos
Número EC3.4.24.87
LocusCr. 9 q34.2
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
11093 279028
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
Q76LX8 Q769J6
RefSeq
(ARNm)
NM_139025 NM_001001322
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_620594 NP_001001322
Localización (UCSC)
Cr. 9:
136.28 – 136.32 Mb
Cr. 2:
26.97 – 27.01 Mb
PubMed (Busca)
11093


279028

ADAMTS13 (siglas do inglés a disintegrin and metalloproteinase with a thrombospondin type 1 motif, member 13), tamén chamada "protease que cliva o factor de von Willebrand" (VWFCP), é un encima metaloprotease que contén zinc, que cliva o factor de von Willebrand (vWf), o cal é unha proteína de gran tamaño que intervén na coagulación do sangue. ADAMST13 é segregada no sangue e degrada os grandes multímeros de vWf, facendo diminuír a súa actividade.[1]

Xenética[editar | editar a fonte]

O xene ADAMTS13 está situado no cromosoma 9 humano (9q34).[1]

Descubrimento[editar | editar a fonte]

Desde 1982 sábese que a púrpura trombocitopénica trombótica, un tipo de anemia hemolítica microanxiopática (véxase máis adiante), estaba caraterizada na súa forma familiar pola presenza no plasma de multímeros de factor de von Willebrand infrecuentemente grandes (ULVWF).[1]

En 1994, descubriuse que o vWF era clivado entre unha tirosina na posición 1605 e unha metionina na 1606 por un encima metaloprotease do plasma cando era exposta a un alto nivel de tensión cortante de cizalla (creado polo fluxo sanguíneo rápido). En 1996, dous grupos de investigadores traballando independentemente caracterizaron mellor este encima. Nos dous anos seguintes, eses mesmos grupos demostraron que a deficiencia conxénita dunha protease que clivaba o factor de von Willebrand estaba asociada á formación de microtrombos plaquetarios nos vasos sanguíneos pequenos. Ademais, informaron que os anticorpos IgG dirixidos contra este emesmo encima causaban púrpura trombocitopénica trombótica na maioría dos casos non familiares (non hereditarios).[1]

Proteómica[editar | editar a fonte]

Xenomicamente, a ADAMTS13 comparte moitas propiedades co membro 19 da familia ADAMTS, cuxos membros están todos caracterizados por ter un dominio de protease (a parte que realiza a hidrólise da proteína), un dominio de desintegrina adxacente e un ou máis dominios de trombospondina. A ADAMTS13, de feito, ten oito dominios de trombospondina. Non ten dominio hidrófobo transmembrana e, por tanto, non está ancorada á membrana plasmática.[1]

Papel en enfermidades[editar | editar a fonte]

A deficiencia de ADAMTS13 foi descuberta na síndrome de Upshaw Schulman, a forma familiar recorrente da púrpura trombocitopénica trombótica. Na época dese descubrimento xa se sospeitaba que a púrpura trombocitopénica trombótica aparecía tamén nunha forma autoinmune, debido á súa resposta á plasmaférese e a caracterización de IgG inhibitorios. Desde o descubrimento de ADAMTS13, os epítopos específicos na súa superficie foron a diana de anticorpos inhibitorios.[1][2][3]

Os niveis baixos de ADAMTS13 están tamén asociados cun incremento do risco de padecer trombose arterial,[4] incluíndo infarto de miocardio[5] e enfermidades cerebrovasculares.[6][7]

Finalmente, desde que se probou que a ligazón entre a estenose de válvula aórtica e a anxiodisplasia se debía a unha alta tensión cortante no fluxo sanguíneo (síndrome de Heyde), aceptouse que un aumento da exposición do factor de von Willebrand a ADAMTS13 debida a varias razóns predispoñería ás hemorraxias ao causar un aumento da degradación do factor de von Willebrand. Este fenómeno caracterízase por presentarse como unha forma da enfermidade de von Willebrand, a tipo 2a.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Levy GG, Motto DG, Ginsburg D (July 2005). "ADAMTS13 turns 3". Blood 106 (1): 11–7. PMID 15774620. doi:10.1182/blood-2004-10-4097. Arquivado dende o orixinal o 24-08-2010. Consultado o 09-09-2018. 
  2. Tsai HM (April 2003). "Advances in the pathogenesis, diagnosis, and treatment of thrombotic thrombocytopenic purpura". Journal of the American Society of Nephrology 14 (4): 1072–81. PMID 12660343. doi:10.1097/01.ASN.0000060805.04118.4C. 
  3. Furlan M, Lämmle B (June 2001). "Aetiology and pathogenesis of thrombotic thrombocytopenic purpura and haemolytic uraemic syndrome: the role of von Willebrand factor-cleaving protease". Best Practice & Research. Clinical Haematology 14 (2): 437–54. PMID 11686108. doi:10.1053/beha.2001.0142. 
  4. Sonneveld MA, de Maat MP, Leebeek FW (July 2014). "Von Willebrand factor and ADAMTS13 in arterial thrombosis: a systematic review and meta-analysis". Blood Reviews 28 (4): 167–78. PMID 24825749. doi:10.1016/j.blre.2014.04.003. 
  5. Maino A, Siegerink B, Lotta LA, Crawley JT, le Cessie S, Leebeek FW, Lane DA, Lowe GD, Peyvandi F, Rosendaal FR (August 2015). "Plasma ADAMTS-13 levels and the risk of myocardial infarction: an individual patient data meta-analysis". Journal of Thrombosis and Haemostasis 13 (8): 1396–404. PMID 26073931. doi:10.1111/jth.13032. 
  6. Sonneveld MA, de Maat MP, Portegies ML, Kavousi M, Hofman A, Turecek PL, Rottensteiner H, Scheiflinger F, Koudstaal PJ, Ikram MA, Leebeek FW (December 2015). "Low ADAMTS13 activity is associated with an increased risk of ischemic stroke". Blood 126 (25): 2739–46. PMID 26511134. doi:10.1182/blood-2015-05-643338. 
  7. Denorme F, Kraft P, Pareyn I, Drechsler C, Deckmyn H, Vanhoorelbeke K, Kleinschnitz C, De Meyer SF (2017). "Reduced ADAMTS13 levels in patients with acute and chronic cerebrovascular disease". PLOS One 12 (6): e0179258. PMC 5462472. PMID 28591212. doi:10.1371/journal.pone.0179258. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]