Advanced Communications Technology Satellite
| Advanced Communications Technology Satellite | |
|---|---|
![]() Advanced Communications Technology Satellite | |
| Tipo | Satélite de comunicacións |
| Organización | NASA |
| Satélite de | Terra |
| Data de lanzamento | 12 de setembro de 1993[1][2] |
| Foguete portador | Transbordador espacial Discovery[2][3] |
| Sitio de lanzamento | Centro Espacial Kennedy[2] |
| Obxectivo da misión | Demostración de novas tecnoloxías na comunicación por satélite.[2] |
| NSSDC ID | 1993-058B |
| Masa | 2733 kg[2] |
| Potencia | 1770 vatios[2] |
| Datos orbitais | |
| Semieixo maior | 42 164,4 km[1] |
| Inclinación | 11,1 graos[1] |
| Apoapse | 35 852,8 km[1] |
| Periapse | 35 734,1 km[1] |
Advanced Communications Technology Satellite ou ACTS é un satélite de comunicacións experimental da NASA lanzado o 12 de setembro de 1993 a bordo do transbordador espacial Discovery na misión STS-51.[2][3][4]
Características
[editar | editar a fonte]ACTS foi exectado da bodega de carga do Discovery acoplado a un foguete TOS-21H de propelente sólido que o levaría á súa órbita xeoestacionaria, situada a 100° de lonxitude oeste.[2][3]
Foi o primeiro satélite de comunicacións completamente dixital. Funcionaba usando a banda K e foi construído por Lockheed Martin. Cos paneis solares e as antenas despregados mide uns 14 metros de longo e uns 9 metros de alto. Os estudos e experimentos comezaron 12 semanas tralo lanzamento e sucedéronse sen problema ata maio de 2000, en que o programa se deu por finalizado.[2][3] En agosto de 2000 foi movido a unha posición a 105,2 graos de lonxitude oeste[4] e foi desactivado definitivamente o 28 de abril de 2004[2]

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ACTS" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2011.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (8 de xullo de 2011). "ACTS" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ACTS" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2011.
- ↑ 4,0 4,1 Mark Wade (2011). "ACTS" (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do ACTSArquivado 05 de abril de 2012 en Wayback Machine.
