800 metros (documental)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

800 metros
FormatoDocumental
Desenvolvido porBambú Producciones
País de orixeEspaña España
Lingua(s)Castelán
Temporadas1
Episodios3
Produción
Duración51–53 minutos
DistribuidorNetflix
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Primeiro episodio25 de marzo de 2022
Na rede
https://www.netflix.com/es-en/title/81275696
IMDB: tt13323170 Filmaffinity: 115927 Netlix: 81275696Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

800 metros é unha miniserie documental española de 2022. A serie explora os eventos ocorridos nos atentados de Cataluña de 2017.[1][2]

Sucesos[editar | editar a fonte]

Os ataques comezaron o 17 de agosto de 2017 no paseo da Rambla de Barcelona ao botarse unha furgoneta Fiat Talento branca alugada contra ducias de persoas que paseaban pola parte alta da Rambla de Barcelona. Segundo testemuñas oculares, o condutor ía facendo eses ao longo duns 550 metros para poder atropelar máis xente.[3] O vehículo parou no medio da Rambla, xusto sobre o Mosaico do Pla de l'Os de Joan Miró. Deseguido, o condutor deixou a furgoneta e fuxiu.[4]

Horas despois, Estado Islámico reivindicou o atentado mediante a súa axencia de novas Amaq.[5] No ataque de Barcelona confirmáronse quince mortos –entre eles un neno de 3 anos[6]– un centenar de feridos, quince deles graves.[7] Por outra banda, horas despois do ataque de Barcelona, entre a noite do 17 ó 18, á 1:15 da mañá, produciuse outro atentado en Cambrils. Cinco terroristas foron abatidos na operación, que se saldou con seis feridos. Unha muller resultou ferida de gravidade en Cambrils e morreu horas despois.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "800 Meters (2022) Review: A Grim Reality of the Catastrophic Fall". Leisure Byte. Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  2. "This riveting new Netflix docuseries has viewers stunned". BGR. Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  3. 324.cat, ed. (17 de agosto 2017). "La furgoneta de l'atac de Barcelona ha recorregut uns 550 metres fent esses per la Rambla". 
  4. rac1.cat, ed. (17 de agosto de 2017). "2 víctimes mortals i 20 ferits a l'atropellament massiu a la Rambla de Barcelona". 
  5. "L'Estat Islàmic reivindica l'atemptat de Barcelona". Ara.cat (en catalá). Consultado o 17 de agosto de 2017. 
  6. "Tristesa profunda a Rubí per la mort ahir a Barcelona de dos veïns: un nen de 3 anys i el seu tiet avi". Ara.cat (en catalán). Consultado o 18 de agosto de 2017. 
  7. "Un atropello masivo deja 13 muertos en un atentado en la Rambla de Barcelona". La Vanguardia. 8 de agosto de 2017. Consultado o 17 de agosto de 2017. 
  8. Güell, Jesús García, Àngels Piñol, Oriol (18 de agosto de 2017). "Los Mossos abaten a cinco terroristas que planeaban una nueva masacre en Cambrils". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]