6PM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
6PM
OrixeCompostela - A Coruña, Galiza
Período2003 - ?
Xénero(s)música electrónica
Selo(s) discográfico(s)Junk Records
MembrosRaúl Mon, Iván Oubiña
Na rede
www.6pm.es
MySpace: sixpostmorning Last fm: 6pm Musicbrainz: c008ee05-8bad-48c4-b2a5-f0252385c9ef Songkick: 164377 Discogs: 1271664 Allmusic: mn0001598082 Editar o valor em Wikidata

6PM é un grupo musical galego formado en 2003 por Raul Mon e Iván Oubiña. O estilo que fan emprega unha base de música electrónica ao que se agregan diversos instrumentos do pop convencional, aproximándose ao que se deu en chamar, nalgúns medios, indietrónica. Dentro do grupo Raúl Mon é o encargado da voz, guitarra, teclados e instrumentos de vento e Iván Oubiña da voz, batería, programación e o baixo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu ao coincideiren os seus membroos na cidade de Santiago de Compostela por motivos de estudos, e decidiron comezar a colaborar. Tras unha primeira maqueta dan luz ao seu segundo traballo Travel Card, que comezan a mover pola rede e en diversos concursos, cun éxito relativo e unhas moi boas críticas. Así, quedarán semifinalistas do Proyecto Demo 2006 (concurso organizado por Radio 3 e FIB Heineken), feito que os catapulta á popularidade e lévaos a gravar o seu primeiro longo duración Far From Perfect, editado comercialmente en CD a finais do ano 2006.[1] O novo traballo inclúe boa parte dos temas do anterior. As boas críticas continúan, sinalándoos como un dos grupos revelación do panorama musical do Estado español. O disco é escollido como o mellor disco galego do ano 2007 polos lectores da revista Sono-Tone[1][2]. O aumento da súa popularidade fai que comecen a ser chamados a diversos festivais como o Festival do Norte (2006), Artenativa ou Primavera Sound (2007).

No ano 2007 participan tamén no disco colectivo de homenaxe a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista[3].

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo Notas
Far From Perfect 2006 Junk Records álbum
Tape Worms 2009 In Silence Recordings EP

Presenza en discos colectivos[editar | editar a fonte]

Notas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]