Saltar ao contido

2M1207

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2M1207
 Parte de
 Época
 Idade estimada
0,008 Editar o valor en Wikidata
 Astro fillo
 Constelación
 Clasificación espectral
M8.5 Editar o valor en Wikidata
Características orbitais
Velocidade radial7,5 km/s Editar o valor en Wikidata
Declinación do movemento propio−23,678 mas/a Editar o valor en Wikidata
Ascensión do movemento propio−64,04 mas/a Editar o valor en Wikidata
Ascensión recta181,88944813535 ° Editar o valor en Wikidata
Declinación−39,54833795144 ° Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Radio3,5 R_J Editar o valor en Wikidata
Masa19,9 M_J Editar o valor en Wikidata
Gravidade superficial300.000 cm/s² Editar o valor en Wikidata
Distancia da Terra64,673 pc Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente19,95, 17,99, 15,88, 12,995, 12,388, 11,945 e 17,388071 Editar o valor en Wikidata
Magnitude absoluta9,38 Editar o valor en Wikidata
Luminosidade0,015 L☉ Editar o valor en Wikidata
Temperatura efectiva2.825 K Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
2005 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/044wmb Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Código do catálogo
TIC 102076870 TESS Input Catalog
Gaia DR3 3459372646830687104 Gaia DR3
Gaia DR2 3459372646830687104 Gaia DR2
DENIS J120733.4-393254 Deep Near Infrared Survey of the Southern Sky (en) Traducir
WDS J12076-3933A Catálogo de Estrelas Duplas Washington (pt) Traducir
2MASS J12073346-3932539 2MASS (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

2M1207, 2M1207A ou 2MASS J12073346-3932539 é unha estrela anana marrón localizada na constelación de Centaurus; o seu compañeiro planetario, 2M1207b, podería se-lo primeiro planeta extrasolar en ser fotografado directamente, e o primeiro en ser descuberto orbitando unha anana marrón.[1][2]

2M1207 foi descuberta durante o curso da procura no infravermello do proxecto 2MASS: de aí o "2M" no seu nome, seguido polas súas coordenadas celestes. Cun tipo espectral de M8 obtido moi axiña (para unha anana marrón),[3] é moi nova e, probablemente, é un membro da asociación TW Hydrae. A súa masa estímase en preto de 25 masas de Xúpiter.[4] O compañeiro planetario, 2M1207b, estímase que unha masa de 3-10 masas de Xúpiter.[5] Aínda que é dun vermello brillante quente, vai a encoller de tamaño cara a un volume un pouco menor có de Xúpiter, mentres arrefría nos próximos millóns de anos.

Unha estimación inicial fotométrica da distancia ata 2M1207 foi de 70 parsecs.[4] En decembro de 2005, o astrónomo norteamericano Eric Mamajek informou dunha distancia máis precisa (53 ± 6 parsecs) para 2M1207 usando o método do cúmulo en movemento.[6] A nova distancia dálle unha feble luminosidade a 2M1207. Recentes resultados das paralaxes trigonométricas confirmaron esta distancia de cúmulo en movemento, levando a unha estimación de distancia de 53 ± 1 parsec ou 172 ± 3 anos luz.[4]

Coma as clásicas estrelas T Tauri, moitas ananas marróns están rodeadas por un disco de gas e po que agrega material á anana marrón.[7][8] En principio, sospeitouse que 2M1207 tiña un destes discos por mor das súas amplas liñas Hα. Isto foi máis tarde confirmado pola espectroscopia ultravioleta.[8] A existencia dun disco de po tamén foi confirmado polas observacións infravermellas.[9] En xeral, o acrecentamento dende estes discos é coñecido por producir uns jets (chorro relativista) cun movemento a gran velocidade, perpendiculares ó disco, de material expulsado.[10] Isto tamén foi observado en 2M1207; un documento de abril de 2007 editado no Astrophysical Journal informa de que esta estrela anana marrón está emitindo chorros de material dende os seus polos.[11] Os chorros, que se estenden ó redor de 109 quilómetros no espazo, foron descubertos grazas ao Very Large Telescope (VLT) do Observatorio Europeo do Sur. O material circula nos fluxos dos chorros cara ao espazo a algúns quilómetros por segundo.[12]

O sistema 2M1207
Compañeiro MasaSeparación observada
(UA)
b3–10[5] MJ40,6 ± 1,3[13]
  1. The Planetary Mass Companion 2MASS 1207-3932B: Temperature, Mass, and Evidence for an Edge-on Disk, Subhanjoy Mohanty, Ray Jayawardhana, Nuria Huelamo, and Eric Mamajek, Astrophysical Journal 657, #2 (marzo de 2007), pp. 1064–1091. 2007ApJ...657.1064M doi 10.1086/510877.
  2. Chauvin, G.; Lagrange, A.-M.; Dumas, C.; Zuckerman, B.; Mouillet, D.; Song, I.; Beuzit, J.-L.; Lowrance, P. (2004). "A Giant Planet Candidate near a Young Brown Dwarf". Astron. Astrophys. 425 (2): L29–L32. Bibcode:2004A&A...425L..29C. arXiv:astro-ph/0409323. doi:10.1051/0004-6361:200400056.
  3. NAME 2M1207A, entrada SIMBAD. Consultado o 15-06-2008.
  4. 1 2 3 "The Distance to the 2M1207 System" Arquivado 24 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine., Eric Mamajek, 8 de novembro do 2007. Consultado o 15 de xuño do 2008.
  5. 1 2 Star: 2M1207 Arquivado 6 de outubro de 2011 en Wayback Machine., Extrasolar Planets Encyclopaedia. Consultado o 15 de xuño do 2008.
  6. Mamajek (2005). "A Moving Cluster Distance to the Exoplanet 2M1207b in the TW Hydrae Association". The Astrophysical Journal 634 (2): 1385–1394. Bibcode:2005ApJ...634.1385M. arXiv:astro-ph/0507416. doi:10.1086/468181.
  7. More Sun-like stars may have planetary systems than currently thought Arquivado 17 de setembro de 2008 en Wayback Machine., library, Origins program, NASA. Consultado o 16 de xuño do 2008.
  8. 1 2 First Ultraviolet Spectrum of a Brown Dwarf: Evidence for H2 Fluorescence and Accretion, John E. Gizis, Harry L. Shipman, and James A. Harvin, Astrophysical Journal 630, #1 (setembro de 2005), pp. L89–L91. Bibcode:2005ApJ...630L..89G doi 10.1086/462414.
  9. Spitzer Observations of Two TW Hydrae Association Brown Dwarfs, Basmah Riaz, John E. Gizis, and Abraham Hmiel, Astrophysical Journal 639, #2 (March 2006), pp. L79–L82. 2006ApJ...639L..79R, doi 10.1086/502647.
  10. Accretion-ejection models of astrophysical jets, R. E. Pudritz, in Accretion Disks, Jets and High-energy Phenomena in Astrophysics, Vassily Beskin, Gilles Henri, Francois Menard, Guy Pelletier, e Jean Dalibard, eds., NATO Advanced Study Institute, Les Houches, session LXXVIII, EDP Sciences/Springer, 2003. ISBN 3-540-20171-8.
  11. Whelan; Ray, T. P.; Randich, S.; Bacciotti, F.; Jayawardhana, R.; Testi, L.; Natta, A.; Mohanty, S.;; et al. (10-042007). "Discovery of a Bipolar Outflow from 2MASSW J1207334-393254, a 24 MJup Brown Dwarf". The Astrophysical Journal 659 (1): L45 – L48. Bibcode:2007ApJ...659L..45W. arXiv:astro-ph/0703112. doi:10.1086/516734.
  12. Small Stars Create Big Fuss, Ker Than, May 28, 2007, space.com. Consultado o 15-06-2008.
  13. From estimated distance of 52,75 ± 1,0 parsec and observed angular separation of 769 ± 10 milliarseconds (angular separation from Mohanty 2007, above.)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]