22, A Million

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

22, A Million
Álbum de Bon Iver
Publicado30 de setembro de 2016
Gravación2012-2016
Duración34:10
Xénero(s)folktronica, art pop, electrónica
Selo(s)Jagjaguwar
Producido porApril Base
Cronoloxía
Bon Iver, Bon Iver 22, A Million -

22, A Million é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de indie folk Bon Iver, publicado o 30 de setembro de 2016 a través do selo Jagjaguwar.[1] Foi gravado no estudio de Justin Vernon en Eau Claire, Wisconsin, e marcou un cambio no son da banda, incorporando elementos de música electrónica e hip-hop, e facendo un gran uso de samples, sintetizadores e efectos. Vernon afirmou que case todos os sons do disco foron creados e manipulados usando un sintetizador Teenage Engineering OP-1, xunto con software deseñado especialmente para a banda por Chris Messina.

O álbum estreouse no número 2 da lista Billboard 200 e en xeral foi moi ben recibido pola crítica, que loubou o seu son orixinal e as coloridas letras. Varias publicacións, incluídos Pitchfork Media, Rolling Stone e The Guardian, listaron 22, A Million como un dos mellores discos do 2016. Tamén foi nomeada nos Grammy de 2017 aos premios ao mellor álbum de música alternativa e á mellor embalaxe.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "22 Over Soon"   2:48
2. "10 Death Breast"   2:24
3. "715 Creeks"   2:12
4. "33 "God""   3:33
5. "29 #Strafford Apts"   4:05
6. "666 Upsidedowncross"   4:12
7. "21 Moon Water"   3:08
8. "8 Circle"   5:09
9. "45"   2:46
10. "1000000 Million"   3:53
34:10

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bon Iver Announce New LP ’22, A Million,’ Unveil Two Tracks". Rolling Stone. Consultado o 3 de agosto de 2018.