Bon Iver, Bon Iver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Bon Iver, Bon Iver
Álbum de Bon Iver
Publicado17 de xuño de 2011
Gravación2008 - 2010
Duración39:25
Selo(s)Jagjaguwar, 4AD
Producido porJustin Vernon
Cronoloxía
Blood Bank (EP) Bon Iver, Bon Iver 22, A Million

Bon Iver, Bon Iver é o segundo álbum da banda estadounidense de indie folk Bon Iver, publicado o 17 de xuño de 2011 a través do selo Jagjaguwar nos Estados Unidos e de 4AD en Europa. O disco está formado por 10 cancións e foi visto como unha nova dirección musical do grupo.

O álbum foi un éxito comercial, estreándose no número 1 das listas norueguesa e danesa, e no número 2 da Billboard 200 estadounidense. Vendeu 104 000 copias na súa primeira semana nos Estados Unidos. Cara setembro de 2016 o disco levaba vendidas un total de 629 000 copias nos Estados Unidos. Recibiu recensións moi positicas dos críticos, algúns dos cales o consideraron un dos mellores discos de 2011. O álbum gañou o Grammy ao mellor álbum de música alternativa en 2012, mentres que o tema "Holocene" foi nomeado ao premio de canción do ano e gravación do ano.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Justin Vernon, agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Perth"    4:22
2. "Minnesota, WI"    3:52
3. "Holocene"    5:36
4. "Towers"    3:08
5. "Michicant"    3:45
6. "Hinnom, TX"    2:45
7. "Wash."    4:58
8. "Calgary"  Vernon, Matt McCaughan 4:10
9. "Lisbon, OH"    1:33
10. "Beth/Rest"    5:16

Caras b[editar | editar a fonte]