...altrimenti ci arrabbiamo!
...altrimenti ci arrabbiamo! | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | ...altrimenti ci arrabbiamo! |
Director | Marcello Fondato |
Produtor | Marcello Fondato, Francesco Scardamaglia |
Guión | Vicente Coello, Jesus R. Folgar, Marcello Fondato, Francesco Scardamaglia |
Intérpretes | Bud Spencer (Ben), Terence Hill (Kid), John Sharp, Deogratias Huerta, Patty Shepard, Manuel de Blas, Luis Barbero, Donald Pleasence |
Música | Oliver Onions, Dandylion, Bud Spencer |
Fotografía | Arturo Zavattini |
Montaxe | Sergio Montanari, Alfonso Santacana |
Estrea | 1974 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Italia España |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
...altrimenti ci arrabbiamo! é unha coprodución hispano-italiana de 1974, dirixida por Marcello Fondato con Bud Spencer e Terence Hill. Está rodada en Madrid, Poggio San Romualdo e Roma.
É unha das comedias máis famosas do dúo Spencer-Hill, tanto pola obra en si como pola banda sonora. O fío condutor é un minibólido, o "dune buggy", modelo construído por Puma en Roma, que fai de motivo da discordia durante toda a historia.
Argumento
[editar | editar a fonte]Ben (Bud Spencer) e Kid (Terence Hill) son un mecánico e un camioneiro, que xa se coñecían pola súa paixón polo automobilismo. Gañan ex aequo unha frenética carreira de autocross, e pelexan polo primeiro premio (o minibólido), acordando que queda con el o que gañe unha competición de comer salchichas e cervexa (il primo che scoppia paga il conto e perde la macchina). A paparota é interrompida por unha banda de matóns ó servizo dun especulador mafioso, que quere demoler o parque de atraccións. A banda de matóns desfai o local, e deciden seguir comendo noutro, pero ó marchar os bandidos pídenlles o coche e eles escapan. Como represalia, quéimanlles o minibólido.
Ben e Kid solicítanlle ó Padriño un novo coche, e vanllo pedir ó seu restaurante. Alí pronuncian a frase que dá o título á película. O Padriño pregúntalles Altrimenti? ("e se non?"), e Kid responde Altrimenti, ci arrabbiamo! ("e se non, enfadámonos"). Logo da visita marchan convencidos de que convenceron ó Padriño, pero comeza unha sucesión de batallas contra matóns e mesmo contra un francotirador chegado dos Estados Unidos.
Ante a imposibilidade de debilitalos, o Padriño xoga a súa última carta: pégalle a Geremia, un vello que vive con Ben e lle axuda no seu taller. Ben atopa ó vello malferido, e decide regresar ó restaurante do Padriño, destrozándoo e aproveitando para darlle outra sesión de golpes aos secuaces do Padriño. Ó día seguinte, o xefe preséntase no taller con dous minibólidos, poñendo fin á disputa. Pero probándoos, Kid choca contra Ben mentres miraba a unha rapaza do parque de atraccións, queimándolle o coche. Deciden rifarse o que queda nunha nova competición de comedores de salchichas e cervexa.
Na película Ben e Kid interactúan cuns rapaces que están xogando á billarda, facendo unha competición entre eles.