-381
Aparencia
| 2026 | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Calendario gregoriano | 2026 MMXXVI | ||||||||||||||||||
| Ab urbe condita | 2779 | ||||||||||||||||||
| Calendario armenio | 1475 | ||||||||||||||||||
| Calendario chinés | 4722 – 4723 | ||||||||||||||||||
| Calendario hebreo | 5786 – 5787 | ||||||||||||||||||
| Calendario hindú | |||||||||||||||||||
| · Vikram Samvat | 2081 – 2082 | ||||||||||||||||||
| · Shaka Samvat | 1948 – 1949 | ||||||||||||||||||
| · Kali Yuga | 5127 – 5128 | ||||||||||||||||||
| Calendario persa | 1404 – 1405 | ||||||||||||||||||
| Calendario musulmán | 1448 – 1449 | ||||||||||||||||||
| Calendario rúnico | 2276 | ||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
O ano 381 a. C. foi un ano do calendario romano prexuliano. No Imperio romano coñecíase como o Ano do Tribunado de Camilo, Albino, Albino, Medulino, Flavo e Ambusto (ou, menos frecuentemente, ano 373 Ab urbe condita).
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- O distrito de Túsculum é pacificado despois dunha revolta contra Roma e conquistado. Despois dunha expresión de completa submisión a Roma, o poblo de Túsculum convértese no primeiro «municipium cum suffragio», e de aí que a cidade siga conservando o rango de municipio.
- Esparta incrementa o seu dominio na Grecia central ó restablecer a cidade de Platea que Esparta destruíra en 427 a. C.
- Os xenerais persas, Tiribazo e Orontes, invaden Chipre, cun exército moito máis grande que ningún outro que puidera reunir o rei Evagoras I de Chipre. Porén, Evagoras I consegue cortar as subministracións desta forza, e as tropas que pasan fame rebélanse. Aínda así, a guerra vólvese en favor dos persas cando a frota de Evagoras I é destruída na Batalla de Citio (Larnaca, Chipre). Evagoras I foxe a Salamina, onde consegue concluír unha paz que lle permite permanecer nominalmente rei de Salamina, aínda que en realidade é un vasalo do rei persa.
Nacementos
[editar | editar a fonte]Mortes
[editar | editar a fonte]- Wu Qi, xeneral chinés, Primeiro Ministro do Estado de Chu, tamén vasalo do Estado de Lu (nado en Wei, -440)