Đuro Smičiklas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de decembro de 1815 Croacia |
Morte | 20 de abril de 1881 (65 anos) |
Bispo diocesano | |
4 de xuño de 1857 – ← Gabrijel Smičiklas (en) – Ilija Hranilović (en) → Diocese: Eparquia Greco-Católica de Križevci (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina de Croacia e Serbia |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1858–), sacerdote católico (1841–) |
Consagración | Alexandru Sterca-Șuluțiu of Carpinis (en) |
Đuro Smičiklas,[1] nado o 14 de decembro de 1815 e finado o 20 de abril de 1881, foi un eclesiástico greco-católico, bispo de Križevci dende 1857 até o seu pasamento, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Reštovo, preto de Sošice (entón no Imperio Austríaco, hoxe en Croacia) o 14 de decembro de 1815.[2][3] Cursou os estudos básicos na súa vila natal, e posteriormente os secundarios no ximnasio de Vinkovci.[4] Posteriormente entrou no seminario de Križevci, e finalmente estudou Filosofía e Teoloxía en Zagreb.[4]
O 11 de abril de 1841 foi ordenado sacerdote da eparquía de Križevci polo seu tío, o bispo Gabrijel Smičiklas.[3][4] O seu primeiro encargo foi atender tres parroquias de serbios que pasaran ao catolicismo na rexión de Dalmacia, da que foi nomeado vigairo episcopal.[4] Coa revolución de 1848-1849 foi trasladado como párroco a Novi Sad entre 1849 e 1852,[4] e posteriormente nomeado coéngo da catedral de Križevci dende 1852 até 1857.[3][4]
O emperador Francisco Xosé I designouno bispo de Križevci o 4 de xuño de 1857,[4] e o 21 de decembro de 1857 foi preconizado bispo pola Santa Sé.[2][3][4] Recibiu a consagración episcopal o 21/22 de marzo de 1858[3] de mans de Alexandru Sterca-Șuluțiu.[5]
Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.[6]
Finou en Križevci o 20 de abril de 1881.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamén Giorgio Smiciklas, Juraj Smičiklas, Smiciklas György, George Smiciklas, Djordje Smičiklas.
- ↑ 2,0 2,1 La gerarchia cattolica e la corte pontificia per l'anno 1877. pp. 189–190.
Crisio o Kreutz, r. Greco Ruteno, Chrisien. Ruthenorum. - Croazia, Im. A-U. + Giorgio Smiciklas, n. in Restow , dioc. di Crisio, 14 dic. 1815, p. 21 dic. 1857.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Blazejowsky, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma. p. 342.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Actes et histoire du concile oecuménique de Rome MDCCCLXIX, 1er du Vatican. Pilon. 1871. pp. 176–177.
Smiciklas (Georges), évêque de Creutz...
- ↑ Actes et histoire du concile oecuménique de Rome MDCCCLXIX, 1er du Vatican. Pilon. 1871. pp. 176–177.
Son sacre eut lieu le 22 mars 1858 à Vienne, dans l'église de Sainte-Barbe, et le cérémonie en fut présidée par Mgr Alexandre Stekra Sulutz de Kerpénics, archevêque de Fogaras, assisté de Mgr Zennes et de Mgr Léonhard, vicaires apostoliques et évêques in partibus infidelium.
- ↑ Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 41.
Smiciklas Giorgio, Vescovo di Crisio (Rito Ruteno).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Actes et histoire du concile oecuménique de Rome MDCCCLXIX, 1er du Vatican. Pilon. 1871. pp. 176–177.
Smiciklas (georges), évêque de Creutz...