Ümer İpçi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1897 Bajchisarai, Ucraína (pt) |
Morte | 11 de xaneiro de 1955 (57/58 anos) Tomsk, Rusia (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso Unión Soviética |
Educación | Ğäliä (en) |
Actividade | |
Ocupación | poeta , realizador , actor , dramaturgo , tradutor , escritor |
Lingua | Lingua tártara de Crimea |
Ümer Ipçi, nado en Bağçasaray en 1897 e finado en Tomsk o 11 de xaneiro de 1955, foi un actor, director de teatro e escritor tártaro de Crimea.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun pequeno comerciante recibu a súa educación primaria na escola local, a partir de 1914 continuou os seus estudos na madrasa "Galiya" de Ufa. En 1917 volveu a Crimea e exerceu durante varios anos como profesor.
Traballou despois como actor, director de teatro, e desde 1928 foi director do Teatro Estatal dos Tártaros de Crimea [1]. Ao tempo colaborou co xornal Enli Dunya. Acusado en 1937 de "nacionalismo" pasou 12 anos na cadea. En 1949, ano no que remataba a súa condena, enviárono ao hospital; psiquiátrico da cidade de Tomsk, onde morreu uns anos despois.
Actividade literaria
[editar | editar a fonte]Comezou a escribir poesía, o seu primeiro poema foi "Madrasa" en 1915. Pero sobre todo foi coñecido como dramaturgo, o creador da dramaturxia dos tártaros de Crimea [2] , as súas obras teatrais "Faişe" (1923), "Alim" (1925) "Nenkecan hanım" (1926) cubriu acontecementos históricos da vida do pobo tártaro de Crimea. Na prensa da década de 1930 hai referencias a que escribiu cando menos tres novelas pero os manuscritos desapareceron tras a represión contra os tártaros de Crimea [3] .
Libros
[editar | editar a fonte]- Kürеş (relatos, 1927)
- Azat halq (teatro 1927)
- Ayınıqlar (teatro, 1930)
- Duşman (teatro, 1935.)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "ИПЧИ Умер Бекирович" Личности[Ligazón morta]
- ↑ "Умер Ипчи неделимая частица своего народа", Milli Firka, 23 de setembro de 2009,
- ↑ Урсу Д.П. Деятели крымскотатарской культуры / Сост. Д. Урсу. – Симферополь, 1999. – pp.102-103