Être et avoir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Être et avoir
Ficha técnica
Director Nicolas Philibert
Produtor Gilles Sandoz, Serge Lalou
Intérpretes Georges Lopez, (profesor), Alizé, Axel, Guillaume, Jessie, Johan («Jojo»), Johann, Jonathan, Julien, Laura, Létitia, Marie-Elizabeth, Nathalie, Olivier, Franck, Kevin, Jérome, Magali, Léa, Océane, Thomas, Valentin e Valentin; Familias Chanimbaud, Dujardin, Garrido, Jeune, Lacombe, Olléon, Ponte, Rochès e Thouvenin
Música Philippe Hersant
Fotografía Christian Guy
Montaxe Nicolas Philibert
Ano 19 de maio de 2002 no Festival de Cannes
Duración 104 minutos
País Flag of France.svg Francia
Xénero documental

Être et avoir (ser e ter) é unha película documental francesa de 2002, dirixida por Nicolas Philibert. Presenta un ano escolar dun profesor e a súa clase única, con rapaces de entre 4 e 11 anos, nunha escola de Saint-Étienne-sur-Usson, na rexión de Auvernia.

Être et avoir foi ben acollida pola crítica, que eloxiou a súa sinxeleza e subliñou a emoción xerada polos actores. O traballo de montaxe de Nicolas Philibert foi premiado cun César e a película recibiu numerosos premios. Para sorpresa do director, a película tamén foi ben acollida polo público, e foi vista por case dous millóns de espectadores en Francia e máis dun millón nos dezasete países onde foi estreada[1]. É a vixésima película mais vista no ano 2002 no cine en Francia, e representa o maior éxito en sala de proxección dun documental que non trate de animais [2].

Posteriormente, co éxito, a película foi obxecto de controversia cando, o profesor e familias dos nenos filmados estimaron ser vítimas de abuso polo director e esixiron a súa participación nos beneficios da película e o dereito sobre o uso comercial da súa imaxe. Isto reabriu o debate sobre o porvir dos documentais.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A película abre cunha secuencia na cal dúas tartarugas andan camiñando polo piso da sala de clases, baleira antes da apertura da escola e, a continuación, sobre a recollida dos alumnos por unha mañá de neve.

Produción[editar | editar a fonte]

Nacemento do proxecto[editar | editar a fonte]

A aprendizaxe da lectura e a cuestión de «vivir xuntos» é un tema que o director Nicolas Philibert sempre quixo versar[3]. Na primavera de 2000, o seu desexo era lograr realizar un documental sobre o mundo rural e, en particular, sobre as dificultades financeiras atopadas por algúns campesiños[4]. Foi facendo esta exploración como tivo a idea de producir unha película sobre a vida dunha escola dunha pequena aldea.

Elección da escola[editar | editar a fonte]

Nicolas Philibert quería unha escola situada nunha zona rural, de cadeas montañosas que tivese longos e duros invernos, e a súa elección caeu no Macizo Central. A escola debería ter unha soa clase, de efectivo reducido e incluír alumnos de todos os cursos do ensino primario francés, é dicir desde o curso coñecido como CP (Cours Préparatoire, curso preparatorio) ata o curso CM2 (Cours Élémentaire 2ème année, curso elemental de segundo ano)[4]. A clase tamén tería que ser unha sala ampla para que o equipo de rodaxe puidese moverse sen importunar ó profesor e os alumnos, e que a luz fose suficiente para non necesitar iluminación artificial[3]. A investigación durou cinco meses localizando 400 escolas e visitando un centenar delas. A elección de Nicolas Philibert centrouse na escola de Saint-Étienne-sur-Usson, no departamento do Puy-de-Dôme no corazón do parque natural rexional Livradois-Forez[4].

Rodaxe[editar | editar a fonte]

A rodaxe celebrouse entre decembro de 2000 e xuño de 2001, cunha duración total de dez semanas repartidas en seis períodos[5]. Co fin de darse a coñecer e facerse aceptar pola clase, o equipo de rodaxe, constado por catro persoas, Nicolás Philibert, un jefe operador, un asistente cámara e un enxeñeiro do son, pasou o primeiro día explicando para que servía todo o material[4]. Durante as diferentes sesións de rodaxe, o realizador tomou notas sobre a progresión dos alumnos, as tempadas, os cambios climáticos e o tempo, e tamén filmou planos longos en exteriores co fin de darlle o ritmo de vida á escola correspondente ao curso dun ano.

O asunto Être et avoir[editar | editar a fonte]

Un procedemento xudicial opuxo ó mestre de escola, protagonista do documental, aos produtores da película. Georges Lopez reivindicaba un dereito de autor sobre o curso dado aos seus alumnos tal como esta reproducido no documental, un dereito de autor sobre o documental mesmo como autor do texto falado, e os dereitos como artista-intérprete da película. Afirmaba tamén que o seu dereito á imaxe padecera. O xulgado de primeira instancia de París rexeitou as súas demandas o 27 de setembro de 2004, porque non expresara as súas reivindicacións antes da rodaxe do documental. O tribunal de apelación de París confirmou este xuízo o 29 de marzo de 2006 considerando que o curso oral dado aos seus alumnos non refacía obras do espírito protexidas polo código francés da propiedade intelectual e que o personaxe dunha película documental non pode estar considerado como un intérprete, nin como un coautor porque a parte de creación nunha película documental é debida ás soas eleccións feitas polo realizador e o equipo de produción. O tribunal considerou por fin que o mestre de escola tiña claramente, aínda que tacitamente, consentido na utilización da súa imaxe na película, incluído nas súas utilizacións derivadas.

Recompensas e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Être et avoir foi seleccionado por numerosos festivais e conseguiu tres premios[6],[7] [8] [9] [10].

Recompensas[editar | editar a fonte]

Nomeamentos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Etre et avoir dépasse le million d'entrées dans le monde en Unifrance
  2. L'année cinéma 2002 en France: le bilan, AlloCiné.
  3. 3,0 3,1 Entrevista: Être et avoir, AlloCiné, 28 de agosto de 2002
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 A propos du film, Nicolas Philibert, texto do dossier de prensa, 2002.
  5. Dans une classe à part; Le documentaire de Nicolas Philibert fait un tabac en France, Le Soleil, article repris par L'Infobourg.
  6. Être et avoir - fiche complète.
  7. Les Étoiles d'Or récompenses Être et avoir, CinéMovies, 23/03/2003.
  8. The European Film Awards 2002 The Winners
  9. The European Film Awards 2002 - The Winners.
  10. Être et avoir obtient le Prix Louis Delluc 2002, Unifrance.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]