Saltar ao contido

Étienne-François Dutour de Salvert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÉtienne-François Dutour de Salvert
Biografía
Nacemento11 de xullo de 1711
Bailleul
Morte6 de agosto de 1789
Riom
País de nacionalidadefrancesa
Actividade
Ocupaciónfísico, naturalista, xeólogo
Familia
CónxuxeAnne Marthe de Freydefont Editar o valor en Wikidata
FillosPierre Étienne, Antoine Guillaume Editar o valor en Wikidata
PaisClaude Dutour Editar o valor en Wikidata  e Marie-Agnès Florisone Editar o valor en Wikidata

Étienne-François Dutour de Salvert, nado o 11 de xullo de 1711 en Bailleul, e finado o 6 de agosto de 1789 en Riom (no actual deparamento de Puy-de-Dôme), foi un físico, naturalista e xeólogo francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Étienne-François naceu o 11,[1] ou o 12 de xullo de 1711 no seo da familia Dutour de Salver, familia de comerciantes e curtidores de Riom ennobrecida en 1710 polo cargo de secretario do rei, casa e coroa de Francia,[2][3] na persoa do seu pai, Claude Dutour. A súa nai foi Marie-Agnès Florisone1 ou Florizoone.[1] Étienne-François foi o maior dos seus tres fillos.

Dutour de Salvert foi, sucesivamente, controlador de granxas, recadador de impostos e secretario do rei na Cour des Aides. Seus ingresos anuais situárono "no segmento dos burgueses moi honestos e moi acomodados".[4]

En 1746 a Real Academia de Ciencias ponderou a súa Mémoire sur l'attraction de l'aiman (Memoria sobre a atracción do imán). Foi tamén o ano en el que se converteu en membro correspondente: primeiro do abade Nollet o 18 de xuño de 1746, logo de Morand fillo o 20 de xuño de 1770, finalmente de Mathurin Jacques Brisson o 21 de agosto de 1784.[5]

En 1749 comprou as terras e o señorío de Salvert (situado na actual localidade de Fontanières) por 95 000 libras, e pagou tributo o rei e ao conde de Artois o 13 de xullo de 1764. Finalmente, comprou en 1771 o marquesado de Bellenaves; o conxunto (castelo e terras) estimouse en 1749 en ao redor de 235 000 libras.

A Dutour debese a descricición da especie Pinus sibirica, o piñeiro de Siberia.[6]

Correspondencia

[editar | editar a fonte]

Físico, xeólogo, botánico, Dutour mantivo unha asidua correspondencia con moitas personalidades da súa época, principalmente con Jean Antoine Nollet, daquela gran mestre en Francia da física experimental, e con Buffon, de quen foi íntimo amigo. Outros grandes científicos da súa época, como Lavoisier, d'Alembert, Duhamel du Monceau ou Monge figuran entre os seus destinatarios.

Tamén mantivo correspondencia con Gilbert Romme, tamén de Riom. Por último, é interesante lembrar a súa correspondencia coas "máis grandes librarías-impresoras parisienses da Ilustración.[7].

Vida familiar

[editar | editar a fonte]

Casou con Anne Marthe de Freydefontm,2 coa que tivo dous fillos, Pierre Étienne e Antoine Guillaume.

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Du Tour emprégase para recoñecer a Étienne-François Dutour de Salvert como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[6]

  1. 1,0 1,1 Floriszoon. Xeneaolxía.
  2. E. de Séréville et F. de Saint-Simon, Dictionnaire de la noblesse française, 1975, p. 396.
  3. d'Est-Ange & vol. XV, pp. 280–282.
  4. Geneviève Passeron, «L’homme des Lumières douces et des réfractions multiples».
  5. "Les membres du passé dont le nom commence par D. Liste des membres depuis la création de l'Académie des sciences. Membres, Nous connaître". www.academie-sciences.fr.  Consultada o 29 de novembro de 2021.
  6. 6,0 6,1 Pinus sibirica Du Tour no IPNI.
  7. Crépel & Ehrard.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Chaix d'Est-Ange, Gustave: Dictionnaire des familles françaises anciennes ou notables à la fin du XIXe siècle, vol. XV, p. 280–282. [archive] — Sur la famille Dutour de Salvert Bellenave.
  • Crépel, Pierre, e Jean Ehrard, dir. (2014): Étienne-François Dutour de Salvert (1711–1789): Un physicien auvergnat du XVIIIe siècle. París: L’Harmattan. ISBN 978-2-3430-4109-4.
  • Dutour de Salvert, Charles (2003): "Un philosophe méconnu du XVIIIe siècle: François-Étienne Dutour de Salvert". Bulletin de la Société d’Émulation du Bourbonnais 2003: 117–125.
  • Ehrard, Jean, e Anne-Marie Bourdin: "Étienne Dutour de Salvert" [archive], En Anne-Marie Bourdin et al. Gilbert Romme — Correspondance 1777–1779, col. "Histoires croisées", t. 2, p. 66116.
  • Gauvin, Jean-François: "Un entrepreneur au siècle des Lumières. La correspondance entre Jean-Antoine Nollet, Étienne-François Dutour et Jean Jallabert, 1739–1768". En Lewis Pyenson et Jean-François Gauvin, dir. (2002): L'art d'enseigner la physique. Les appareils de démonstration de Jean-Antoine Nollet, 1700–1770." Sillery (Québec): Les éditions du Septentrion, 2002, pp. 47–68.