Ética do dereito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cando falamos da palabra dereito referímonos ás normas que guían a conduta humana, que veñen dunha autoridade diferente ao individuo e dirixen aspectos externos. A ética é o que estuda o comportamento do ser humano, as normas éticas son autónomas. A relación da ética co dereito pode considerarse desde diversos puntos de vista e terá que situarse particularmente en dous planos distintos sobre os que se articula a reflexión moral.

No da reflexión ético-normativa o problema das relacións entre a ética e o dereito interesa de forma non exclusiva, pero si prevente, a parte penal da lexislación civil ou eclesiástica, e non a que regula a vida diaria da sociedade. Hai que engadir, porén, que o código penal da sociedade civil non se interesa pola actitude moralmente boa, pola que se interesa polo contrario no dereito canónico, ao que lle importa a formación interior de cada crente e súa orientación cara á santidade.

O código civil ou eclesiástico non sanciona nunca a nivel de comportamento todo o que é moralmente correcto ou equivocado. Desde este punto de vista, o dereito interésase de forma case exclusiva por todos os ámbitos operativos dentro dos cales hai que defender ou garantir os intereses ou os dereitos de terceiros.

As veces o código civil na súa parte penal non só castiga, tamén lexitima incluso o moralmente errado, como ocorre.

Podemos considerar a relación existente entre a ética e o dereito, tamén no plano da fundamentación das normas morais ou xurídicas.

As relacións entre a ética e o dereito. O dereito é un conxunto de normas que rexen a conduta humana e nisto parécese a ética, porén, difiren entre as normas propias de cada unha. Existen catro diferenzas principais:

As normas da ética son autónomas (cada individuo debe ter as súas normas propias) e as do dereito son heterónomas (as normas proveñen dunha autoridade diferente ao individuo).

As normas da ética rexen aspectos internos e as do dereito aspectos externos.

As normas da ética son unilaterais (o cumprir unha norma non implica o rexurdimento dun dereito ou unha obrigación por parte doutras persoas), e as do dereito son bilaterais (unha obrigación implica un dereito e viceversa).

As normas da ética son incoercibles (aínda cando teñen un carácter obrigatorio, xeralmente non implican unha sanción explícita no caso de non cumprilas) e as de dereito son coercibles (a autoridade que establecera certas normas civís, teñen a facultade de mandar o cumprimento delas, e para levar a cabo dita tarefa, impón vixilancia, fiscalización, sancións, etc).