Árbore da vida (Bahrain)
Coordenadas: 25°59′39″N 50°35′00″L / 25.994073, 50.583235
A árbore da vida (Shajarat-al-Hayat) de Bahrain é unha Prosopis cineraria de 9,75 metros de alto de máis de 400 anos de idade. Está nun outeiro dunha zona árida do deserto de Arabia, a 2 quilómetros de Jebel Dukhan, o punto máis alto de Bahrain, e a 40 quilómetros de Manama, a cidade máis achegada.[1]
A árbore está cuberta de abondosas follas verdes. Por mor da súa idade e polo feito de ser a única árbore que medra na área converteuse nunha atracción turística local e é visitada cada ano por unhas 65 000 persoas. A súa resina é usada para facer candeas, aromáticas e goma; os seus grans son procesados en comida, mermelada e viño.[2] Non se coñece con certeza como é que sobrevive a árbore. Bahrain ten pouca ou ningunha precipitación. As súas raíces miden 50 metros de profundidade, o cal podería ser abondo para acadar unha fonte de auga.[2]
Existe a lenda de que a árbore está protexida por Enki, un deus da auga dos babilonios segundo a mitoloxía sumeria. Existe outra lenda que di que a árbore se atopa no que outrora foi o xardín do Edén.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lonely Planet (ed.). "Tree of Life".
- ↑ 2,0 2,1 "The mysterious Tree of Life". KLM.
- ↑ Atlas Obscura (ed.). "Tree of Life".