Ángel del Real
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Miguel Ángel del Real Abella, nado en Madrid en 1956, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos de Náutica na Coruña, é capitán da mariña civil e capitán de corveta en reserva da militar. No Desastre do Prestige era Capitán marítimo da Coruña. Foi presidente da autoridade portuaria de Ferrol (2002-2005). Presidente do PPdeG de Valdoviño, foi concelleiro de Obras, Industria e Comercio no goberno tripartito encabezado por Terra Galega. En 2009 volveu ser nomeado presidente da autoridade portuaria de Ferrol[1], e cesou o 24 de abril de 2013[2]. Foi substituído por José Manuel Vilariño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Xunta elige a Ángel del Real para volver a presidir el Puerto de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xuño de 2009.
- ↑ "Orde de cesamento". Diario Oficial de Galicia. 25 de abril de 2013.