José Manuel Vilariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Manuel Vilariño
Nacemento1955
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

'José Manuel Vilariño Anca, nado en Ferrol en 1955, é un político e mestre galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou para mestre na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse alí. Deu clase en distintos centros de ensino de Ferrolterra antes de dedicarse á política. Foi escollido concelleiro en Ferrol polo Partido Popular en 2003 e permaneceu na corporación con cargos cando o PP estivo no goberno (2003-2007 e a partir de 2011), e cando non, na oposición. Ao mesmo tempo que era voceiro do grupo popular foi coordinador do edificio da Xunta en Ferrol.

En abril de 2013 foi nomeado presidente do porto de Ferrol, en substitución de Ángel del Real, co que deixou o concello.