Ángel Míguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ángel Míguez González»)
Infotaula de personaÁngel Míguez
Biografía
NacementoTui, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de setembro de 1961 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , xornalista Editar o valor em Wikidata

Ángel Míguez González, nado en Tui e finado na Coruña o 18 de setembro de 1961,[1] foi un funcionario e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Matilda Míguez González. Foi funcionario da Xefatura de Obras Públicas de Pontevedra. Foi redactor de La Libertad e formou parte da comisión organizadora do Partido Republicano Radical de Pontevedra,[2] foi redactor de El Diario de Pontevedra e colaborou en Progreso e La Libertad de Madrid.[3] Na Segunda República publicou algún artigo en El Socialista,[4] e foi director de La Idea. Pasou a residir na Coruña cando foi nomeado xefe de Negociado da Xefatura de Obras Públicas da Coruña.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Pontevedra con Carmen Tapia Pazos en 1906,[5] e foi pai de Enrique, Matilde e Eduardo Míguez Tapia. A súa muller Carmen Tapia finou en 1923,[6] e Ángel volveu casar na Coruña con Concepción de la Iglesia Pardo o 3 de novembro de 1933.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 19-9-1961, p. 6.
  2. La Libertad, 9-11-1913, p. 1.
  3. "Las pouvanas", La Libertad, 19-9-1923, p. 2.
  4. "La República y el caciquismo", El Socialista, 5-6-1931, p. 2.
  5. El Diario de Pontevedra, 23-3-1906, p. 2.
  6. El Progreso, 8-4-1923, p. 3.
  7. La Voz de Galicia, 4-11-1933, p. 2.