Ángel Lemos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ángel Lemos de los Reyes»)
Infotaula de personaÁngel Lemos
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1917 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de decembro de 2002 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , pintor , escritor Editar o valor em Wikidata
ProfesoresCarlos Sobrino Buhigas Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Ángel Lemos de los Reyes, nado en Vigo o 1 de marzo de 1917[1] e finado na Estrada o 5 de decembro de 2002[2], foi un pintor e escultor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos quince anos marchou cunha compañía teatral madrileña, coa que actuou como galán algúns meses, compaxinando o seu traballo na confeitaría familiar coa pintura e a talla en madeira. Recrutado polo bando fascista a comezos da guerra civil, pasouse ao exército republicano o 19 de xullo de 1937 en Añover del Tajo (Toledo). Estudou para Sarxento na escola da V División, e para tenente na Escola Popular de Guerra en Paterna. Estivo ás orde do comandante Ángel Velásquez López. Preso por Casado en Alcalá de Henares foi encerrado en Nuevos Ministerios. Ao rematar a guerra foi feito prisioneiro e internado en Chamartín de la Rosa e Leganés. Logrou escapar, e regresou a Vigo escondido nun camión. Finalmente entregouse en Ferrol, onde permaneceu tres anos, que aproveitou para dedicarse á orfebrería e á talla en madeira. Entre as pezas realizadas para o exército destaca a talla dun altar para a Virxe do Carme.

Exposición en 1949.

De regreso a Vigo, especializouse na talla de figuras, ademais de retablos, incorporouse como modelista á empresa Sancy e posteriormente deixou este traballo para dedicarse á cerámica e á pintura. En 1947 celebrou a súa primeira exposición de cerámicas, gravados, óleos e acuarelas en Vigo. Gañou unha medalla de ouro nun concurso de gravado e outra nun concurso de pintura cun retrato do seu irmán. Relacionouse con Laxeiro e os intelectuais máis representativos da cidade na posguerra, exhibiu a súa obra en varias exposicións e en 1950 introdúcese como polisón no Santa Fe e marchou a Buenos Aires, pois as investigacións sobre a súa deserción, polo que estaba condenado á pena de morte, continuaban.

Como carece de documentación, nesa época non pode expoñer nin promocionarse como artista. Traballou como modelista para a casa MAPO. Ao cabo de dez anos legalizou a súa situación, previo indulto, e converteuse en socio da empresa por iniciativa dos demais socios.

Despois da morte de Francisco Franco regresa a España e establécese en Palma de Mallorca en 1977. Durante tres anos traballou para o marchante Julio Santos, que vendía a súa pintura a particulares na Península e montaba exposicións en América. Abriu despois o seu propio taller e, por invitación do dono da Galería 19, celebrou unha exposición en Mallorca. Pintou cadros para un americano que organizaba exposicións por América e ilustrou a Historia de las Baleares con debuxos a pluma. En 1986 trasladouse á Estrada.

Escribiu tres novelas (inéditas) e varias composicións musicais .

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]