Ángel Díaz Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngel Díaz Díaz
Biografía
Nacemento1894 Editar o valor em Wikidata
A Pontenova, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de novembro de 1952 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , político Editar o valor em Wikidata

Ángel Díaz Díaz, nado en Vilaoudriz cara a 1894 e finado en Caracas o 17 de novembro de 1952, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Secretario do concello de El Valle Altu de Peñamellera, foi nomeado secretario do concello de Lourenzá o 28 de febreiro de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído como secretario o 23 de xullo.[2] Detido ese mesmo día, foi encarcerado no Depósito de Ribadeo. De alí pasou ao Cárcere de Lugo e despois ao Depósito de Mondoñedo, de onde saíu o 3 de maio de 1937. Logrou embarcar para Cuba onde se exiliou. Permaneceu na illa ata setembro de 1951 cando se estableceu en Venezuela. Morreu en Caracas o 17 de novembro de 1952.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOP Lugo, 26-4-1937, p. 2.
  2. BOP Lugo, 19-7-1937, p. 1.
  3. Galicia, novembro 1952, p. 23.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]