Ángel Castiñeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ángel Castiñeira
Nacemento 1958
  Muros
Nacionalidade España
Ocupación filósofo e profesor
editar datos en Wikidata ]

Ángel Castiñeira Fernández, ou escrito en catalá Àngel Castiñeira i Fernández, nado en Muros en 1958, é un sociólogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Consello Asesor para a Transición Nacional tras a súa constitución (abril de 2013)

Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Barcelona[1], especializouse en filosofía social e política, así como en pensamento xeopolítico, ética aplicada e valores, mudanzas do contorno social e cultural, e liderado e gobernanza democrática.

En 1993 acadou a praza de profesor titular do departamento de Ciencias Sociais de ESADE-Universidade Ramon Llull, do que chegou a ser director a partir de 2005. Tamén foi profesor de Filosofía Contemporánea na Universidade Raimon Llull a mediados da década dos noventa.

Ademais do seu labor académico foi director da colección 'Temes Contemporanis' da editorial Proa (1994-2004) e da revista IDEES, Revista de Temes Contemporanis (1999-2004). Tamén neses anos foi director do Centre d'Estudis de Temes Contemporanis, dependente da Generalitat de Cataluña (1998-2004).

En 2013 escollérono para formar parte do Consello Asesor para a Transición Nacional, unha entidade consultora para o proceso de independencia de Cataluña.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Castiñeira, Ángel (2007). "Imaginées: identité personnelle, identité nationale et lieux de mémoire". Les Nationalismes majoritaires contemporains: identité, mémoire, pouvoir. Montréal: Editions Quebec Amérique. ISBN 978-2-7644-0550-5. 
  • Castiñeira, Ángel (2007). "Immigració en estats plurinacionals: el cas de Catalunya". Enciclopèdia Catalana. Barcelona. ISBN 978-84-300-5511-1. 
  • Castiñeira, Ángel (2006). "Identitat, immigració i multiculturalisme". Federalisme, catalanisme, europeisme:corrents de pensament i pràctica política. Barcelona: España. ISBN 978-84-95417-51-0. 
  • Castiñeira, Ángel (2006). Catalunya, reptes ètics. Barcelona: Proa. ISBN 84-8437-898-5. 
  • Castiñeira, Ángel (2005). "Naciones imaginadas. Identidad personal, identidad nacional y lugares de". Casa encantada. Lugares de memoria en la España Constitucional (1978-2004). Madrid: VERVUERT- IBEROAMERICANA. ISBN 84-8489-190-0. 
  • Castiñeira, Ángel (2002). Societat civil i Estat del Benestar. Barcelona: Pótic. ISBN 84-7306-415-1. 
  • Castiñeira, Ángel (2002). Àmbits de la postmodernitat. Barcelona: Columna. ISBN 84-86433-20-7. 
  • Castiñeira, Ángel (2001). Catalunya com a projecte. Barcelona: Pórtic. ISBN 84-8437-187-5. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Currículo na web da ESADE