Ángel Campos Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ángel Campos Varela
Ángel Campos Varela 1934.jpg
Nacemento1891
Lugar de nacementoCerdedo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico e avogado
editar datos en Wikidata ]

Ángel Campos Varela, nado en Cerdedo en 1891[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1918). Foi Xuíz municipal de Cerdedo (1922) e ocupou interinamente o cargo de secretario da Audiencia de Pontevedra (1925). Presidente da Sociedade de Agricultores de Coruxo, nas eleccións do 12 de abril de 1931 foi proclamado concelleiro como candidato monárquico, aínda que despois figurou como agrario independente. Apoiou a elección do socialista Emilio Martínez Garrido como alcalde e foi elixido Primeiro Tenente Alcalde. Logo da suspensión de Martínez Garrido polo Gobernador civil, o 9 de marzo de 1934 foi nomeado alcalde, e permaneceu na presidencia da Corporación ata a folga xeral revolucionaria de 1934. Volveu ser alcalde de Vigo a finais de decembro de 1935, cando o Gobernador civil destituíu a Emilio Salgado Urtiaga.


Predecesor:
Emilio Martínez Garrido
 Coat of Arms of Vigo.svg
Alcalde de Vigo
 
1934
Sucesor:
Emilio Salgado Urtiaga
Predecesor:
Emilio Salgado Urtiaga
 Coat of Arms of Vigo.svg
Alcalde de Vigo
 
1935 - 1936
Sucesor:
Manuel Hidalgo Rodríguez

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Vigo con Rosa Cerqueira Domínguez en 1923.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Solla, C. (12 de abril de 2020). "Ánxel Campos Varela, o avogado cerdedés que foi alcalde do Vigo republicano (I)". Xornal de Tabeirós-Terra de Montes. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]