¡Copiad, malditos!
'Copiad, malditos! | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Stéphane M. Grueso |
Produtor | Stéphane M. Grueso |
Guión | Stéphane M. Grueso |
Música | Alfonso Arias |
Montaxe | Stéphane M. Grueso, Juan Luis de No |
Distribuidora | elegantmobfilms, RTVE, KORAMA, Comunidades de Cultura Libre |
Estrea | maio de 2011 |
Duración | 58 minutos (Documental), 22 hs co material adicional e orixinal de produción |
Orixe | España |
Xénero | Documental, drama social |
Orzamento | 1.000 €, aproximadamente |
Na rede | |
¡Copiad, malditos! Derechos de autor en la era digital é un documental español estreado en maio de 2011 e dirixido por Stéphane M. Grueso. O proxecto observa as alternativas de produción audiovisual de licenzas libres en España.
Orixe
[editar | editar a fonte]Xorde como resposta ós cambios drásticos nas políticas de protección de propiedade intelectual acontecidos en España e outros países do mundo, endurecidas debido ó auxe de compartir datos na era dixital, o P2P e Internet de banda larga. Este endurecemento das leis xerou a reafirmación dos dereitos públicos ó redor da cultura e o coñecemento e o xurdimento de comunidades ben establecidas e asesoradas legalmente, que crean materiais multimedia libres do tradicional copyright e licenzas e documentos que avalen compartir os materiais.
¡Copiad, malditos! é un exercicio que mostra de forma autoreflexiva a aplicación das leis e o uso de licenzas para desenvolver materiais multimedia libres. O documental e todos os seus materiais adicionais editáronse cunha Licenza Creative Commons BY/NC 3.0 Unported, sendo esta a primeira vez en España que unha canle de televisión (en concreto RTVE) coproduce un contido cunha licenza aberta Creative Commons.
Materiais publicados
[editar | editar a fonte]¡COPIAD, MALDITOS! – DVD1 (3.6 GB)
- Documental "¡COPIAD, MALDITOS!"
- Trailer
- Killed Darlings - Escenas que non se incluíron na montaxe final e que foron rescatadas polo director
- Clips ¿Qué significa para ti la palabra 'COPIAR'?
- Fotos/Frames do documental
- AudioClips - Música orixinal composta para o documental.[1]
ENTREVISTAS – DVD2 (3.9 GB)
- José Manuel Tourné, Director Xeral da FAP - vídeo da entrevista (42 min)
- Richard Stallman, programador, Free Software Foundation - vídeo da entrevista (22 min)
- Lorenzo Silva, escritor - vídeo da entrevista (46 min)
- Simona Levi, eXgae - vídeo da entrevista (38 min)
- Blas Garzón, libraría asociativa, editorial e distribuidora Traficantes de Sueños - vídeo da entrevista (31 min)
- Julián Ríos, Profesor de Dereito Penal - vídeo da entrevista (22 min)
- Simone Bosé, Presidente EMI Music Iberia - vídeo da entrevista (40 min)
- Lutz Emmerich, Country Manager, Spotify Spain - vídeo da entrevista (19 min)
- Antonio Guisasola, Presidente PROMUSICAE - vídeo da entrevista (26 min)
- Mario López, hostaleiro, ADEMYC Montijo - vídeo da entrevista (29 min)
- Javier de la Cueva, avogado - vídeo da entrevista (1 h 19 min)
- Magdalena Vinent, Directora Xeral de CEDRO - vídeo da entrevista (33 min)
- Fernando Évole, Conselleiro Delegado de Yelmo Cineplex - vídeo da entrevista (26 min)
- José Pérez de Lama, Profesor de Arquitectura - Director Adx. do CID - vídeo da entrevista (37 min)
- David Bravo, avogado - vídeo da entrevista (1h 17min)
ENTREVISTAS - DVD3 (3.8 GB)
- Mario Pena, Director de negocios e comunidade de SAFE CREATIVE - vídeo da entrevista (55 min)
- Pilar Reyes, Directora Editorial de Alfaguara - vídeo da entrevista (44 min)
- Txema Arnedo, Dtor. Desenvolvemento Prop. Intelectual, MICROSOFT Ibérica - vídeo da entrevista (27 min)
- Nicolás Alcalá, Director da longametraxe El Cosmonauta - vídeo da entrevista (22 min)
- Ignacio Escolar, xornalista e escritor - vídeo da entrevista (26 min)
- Elena Cabrera, autoreverse netlabel - vídeo da entrevista (50 min)
- David García Aristegui, COMUNES, Radio Círculo FM - vídeo da entrevista (32 min)
- Alfonso Arias, Paputxi, Compositor da música orixinal de ¡Copiad, malditos! – vídeo da entrevista (26 min)
- Fernando González, Adxunto a Dirección, EGEDA - vídeo da entrevista (1h 21min)
- José Antonio Millán, escritor, editor e lingüista - vídeo da entrevista (36 min)
- Ignasi Labastida, Profesor, Univ. Barcelona. Creative Commons España - vídeo da entrevista (33 min)
- Enrique Loras, Director Xeral SGAE - vídeo da entrevista (44 min)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Toyos, Lluís. "COPIAD MALDITOS en DVD (CM-DVD)". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 05 de marzo de 2015. Arquivado 26 de xuño de 2012 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio Oficial de ¡Copiad, malditos! (co documental para o seu libre visionado e descarga en HD)
- Sección na web de RTVE onde exhiben o documental
- Sitio de KORAMA onde se comparten os DVD
- Descarga directa dos DVD
- Blog de ¡Copiad, malditos! en RTVE
- Sitio de elegantmobfilms, produtora de ¡Copiad, malditos!
- Entrevista a Stéphane Grueso en Señales de Humo