Sorteo Extraordinario de Nadal: Diferenzas entre revisións
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
|||
Liña 26: | Liña 26: | ||
== O Gordo en Galicia == |
== O Gordo en Galicia == |
||
O premio Gordo caeu en Galicia dende o ano [[1950]] en dez ocasións. |
O premio Gordo caeu en Galicia dende o ano [[1950]] en dez ocasións.<ref>[https://loto188.me/ Win Lottery Online]</ref> |
||
{| class="wikitable" |
{| class="wikitable" |
||
|- |
|- |
Revisión como estaba o 13 de decembro de 2019 ás 20:14
O Sorteo Extraordinario de Nadal (en castelán: Sorteo Extraordinario de Navidad), tamén coñecido como Sorteo ou Lotaría de Nadal, é un dos sorteos de lotaría máis populares que se celebra en España cada 22 de decembro, e que ten lugar, xeralmente, no salón de sorteos de Loterías y Apuestas del Estado, en Madrid. Forma parte dos sorteos de Lotaría Nacional.
O premio máximo recibe o nome de "O Gordo", que dende 2011 ten un valor de catro millóns de euros o billete, 400.000 euros por décimo. O período de venda deste sorteo é o máis longo do ano, xa que as administracións reciben os números nas primeiras semanas de xullo.
Historia
A primeira vez que se sorteou a lotaría en Nadal foi o 18 de decembro de 1812 en Cádiz, e o primeiro premio Gordo foi parar ao número 03604. Entón o prezo do billete era de 40 reais cun premio de 8000 pesetas. A primeira vez que se lle chamou Sorteo de Nadal foi o 23 de decembro de 1892, e substituíu á lenda de «Prósperos de Premios», aínda que non figurou imprimida nos boletos ata o Nadal de 1897. Hoxe en día o sorteo extraordinario, que se celebran todos os anos o día 22 de decembro, é o máis importante e popular de todos os sorteos de lotaría realizados en España.
Premios
Dende 2011, introdúcense 1807 bólas no bombo de premios, coas seguintes cantidades por cada billete -independentemente da súa serie- (hai que dividir entre dez para calcular o premio por cada décimo) e a súa probabilidade de acerto:
- 1 primeiro premio de 4 000 000 de euros, coñecido como «O Gordo». - 0,001 % (400 000 euros ao décimo)
- 1 segundo premio de 1 250 000 de euros. - 0,001 % (125 mil euros ao décimo)
- 1 terceiro premio de 500 000 euros. - 0,001 % (50 mil euros ao décimo)
- 2 cuartos premios de 200 000 euros. - 0,002 % (20 mil euros ao décimo)
- 8 quintos premios de 60 000 euros. - 0,008 % (6 mil euros ao décimo)
- 1 794 premios de 1000 euros, coñecidos como a «Pedrea». - 1,79 % (100 euros ao décimo)
- Especiais
- 2 premios de 20 000 euros aos números anterior e posterior ao primeiro premio. - 0,002 % (2 mil euros ao décimo)
- 2 premios de 12 500 euros aos números anterior e posterior ao segundo premio. - 0,002 % (1250 euros ao décimo)
- 2 premios de 9600 euros aos números anterior e posterior ao terceiro premio. - 0,002 % (960 euros ao décimo)
- 297 premios de 1000 euros á centena (tres primeiras cifras) do primeiro, segundo e terceiro premios. - 0,3 % (100 euros ao décimo)
- 198 premios de 1000 euros á centena (tres primeiras cifras) dos dous cuartos premios. - 0,2 % (100 euros ao décimo)
- 2997 premios de 1000 euros a todos os billetes cuxas dúas últimas cifras coincidan cos do primeiro, segundo ou terceiro premios. - 3 % (100 euros ao décimo)
- 9999 reintegros (coincidencia da última cifra do primeiro premio) de 200 euros. (premiando o portador o mesmo valor da súa participación) - 10 % (20 euros ao décimo)
O Gordo en Galicia
O premio Gordo caeu en Galicia dende o ano 1950 en dez ocasións.[1]
Ano | Número | Vendido en |
---|---|---|
2017 | 71.198 | Vilalba[2] |
2014 | 13.437 | A Coruña, Carballo e Lugo[3] |
2013 | 62.246 | O Rosal[4] |
2008 | 32.365 | Allariz[5] |
2007 | 06.381 | Carballo e Santiago de Compostela[6] |
2003 | 42.473 | A Coruña[7] e Rianxo[8] |
1988 | 21.583 | Lugo |
1976 | 49.764 | Lugo |
1974 | 12.176 | A Coruña,[7] Lugo e Vigo |
1958 | 33.704 | A Coruña[7] |
Notas
- ↑ Win Lottery Online
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (22 de decembro de 2017). "O Gordo deixa máis de 522 millóns de euros en Vilalba".
- ↑ La Región, ed. (22 de decembro de 2014). "O Gordo deixa 12 millóns en Carballo, Lugo e A Coruña".
- ↑ ABC, ed. (22 de decembro de 2013). "O Rosal, das preferentes ao Gordo da Lotaría".
- ↑ Europa Press, ed. (22 de decembro de 2008). "O sorteo reparte en Galicia 3 millóns en Allariz do Gordo e 50.000 euros en Vigo dun quinto premio".
- ↑ Faro de Vigo, ed. (22 de decembro de 2007). "Cae o Gordo en Carballo e Santiago; Vigo lévase un quinto premio".
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Vázquez, Dolores (18 de decembro de 2011). "25 años de la suerte de la refinería". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 21 de maio de 2018.
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (22 de decembro de 2003). "O Gordo estalou en Rianxo".
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Web oficial (en castelán)