Saltar ao contido

Twitter: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: bcl:Twitter
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Twitter logo.svg|220px|thumb|Logotipo de Twitter]]'''Twitter''' é unha [[rede social]] de balde que ofrece un servizo de [[microblogging]], e permite publicar ó usuario actualizacións persoais, así como ler as doutros usuarios. Estas actualizacións, coñecidas tamén como ''tweets'', poden acadar de máximo os 140 caracteres. Os usuarios do servizo poden seguir as anotacións doutros facéndose os seus seguidores (''followers''), así como ser seguidos polos demais.

[http://www.sohbetkalem.net/ twitter]

== Historia ==
== Historia ==

Revisión como estaba o 12 de xuño de 2011 ás 13:29

Logotipo de Twitter

Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, e permite publicar ó usuario actualizacións persoais, así como ler as doutros usuarios. Estas actualizacións, coñecidas tamén como tweets, poden acadar de máximo os 140 caracteres. Os usuarios do servizo poden seguir as anotacións doutros facéndose os seus seguidores (followers), así como ser seguidos polos demais.

twitter

Historia

Twitter creouse no ano 2006, en San Francisco, California, e na actualidade conta con personalidades como Barack Obama, Paulo Coelho e unha ampla variedade de políticos, artistas, deportistas, etc.[1] Ademais tamén están presentes os principais medios de comunicación mundiais.

Durante algún tempo, o actor británico Stephen Fry foi o usuario máis seguido en Twitter, tal e como informou o xornal The Times[2], aínda que o primeiro en chegar ó millón de seguidores foi o actor estadounidense Ashton Kutcher, seguido de preto pola CNN[3]. Twitter é, ademais, empregado como medio divulgativo: ademais dos medios de comunicación, institucións e entidades educativas, tamén se realizan outras accións divulgativas como son, por exemplo, a conta de usuario de George Orwell (que emprega como base para as actualizacións o seu diario)[4], a publicación en tweets da novela Rayuela de Julio Cortázar[5] ou a retransmisión minuto a minuto da revolución dos caraveis de 1974[6].

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas