VG-4.7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
VG-4.7
Variante de Vilagarcía de Arousa
Mapa
Vía para automóbiles VG-4.7
ID antigo
Identificador
TipoloxíaVía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude7,54 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio PO-548  O Carril
Fin N-640  Baión
Circulación
TránsitoRodado, non peonil
Velocidade máxima
Restricións viarias

A VG-4.7 ou Variante de Vilagarcía de Arousa[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades do Carril (Vilagarcía de Arousa) e Baión (Vilanova de Arousa); atravesa os concellos de Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis e Vilanova de Arousa. Ten unha lonxitude de 7,54 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-548 no Carril (Vilagarcía de Arousa) e finaliza nun cruzamento coa N-640 en Baión (Vilanova de Arousa).

Percorrido[editar | editar a fonte]

Inicia na rotonda da estrada PO-548, na parroquia do Carril (concello de Vilagarcía de Arousa) coa dirección cara a norte a Catoira e outra cara a sur a Vilagarcía de Arousa, pasa por baixo da liña férrea do Eixe atlántico de alta velocidade, seguindo á ligazón da estrada PO-305 na parroquia de Cea (mesmo concello), coa dirección cara a oeste ao lugar dos Martices e outra cara a leste ao lugar de Sequeiros, pasa de novo por baixo da liña férrea do Eixe atlántico de alta velocidade e remata na rotonda da estrada nacional N-640 na parroquia de Baión (concello de Vilanova de Arousa) con direccións, un cara a oeste a Vilagarcía de Arousa, outro cara a sur a Pontevedra pola estrada PO-531 e outro cara a leste a Caldas de Reis.

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras obras iniciaron en xaneiro de 2007[3] foi inaugurado en 2 fases, en 2009, un entre O Carril e Cea (maio de 2009)[4][5] e outro entre Cea e Baión (xullo de 2009).[6] É a alternativa de evitar a travesía de Vilagarcía de Arousa rodeada a estrada nacional N-640 (incluíndo a variante desta devandita estrada).

Treitos[editar | editar a fonte]

Denominación Treito Kms Ano servizo
 VG-4.7   PO-548  O Carril -  PO-305  Cea 5 2009[4][5]
 VG-4.7   PO-305  Cea -  N-640  Baión 2,5 2009[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "El 2007 será el año de transición para resolver el colapso viario de Vilagarcía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2007. 
  4. 4,0 4,1 "La circunvalación norte de Vilagarcía se inaugura con una modesta afluencia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2009. 
  5. 5,0 5,1 "La variante norte de Vilagarcía se estrena con una discreta afluencia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2009. 
  6. 6,0 6,1 "Cinco minutos de Bamio a Godos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2009.