CG-1.5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CG-1.5
Corredor Brión-Noia
Mapa
Vía de altas prestacións CG-1.5
Identificador
TipoloxíaVía de altas prestacións
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude16,85 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio AG-56  Brión
Fin AC-550  Noia
Circulación
TránsitoRodado, non peonil
Velocidade máxima
Restricións viarias

A CG-1.5 ou Corredor Brión-Noia[1][2] (na provincia de Pontevedra), é un corredor galego de altas prestacións da Xunta de Galicia que une as localidades de Brión e Noia; atravesa os concellos de Brión, Rois, Lousame e Noia. Ten unha lonxitude de 16,85 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AG-56 en Brión e finaliza nun cruzamento coa AC-550 en Noia.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Inicia na final da autovía AG-56 (autovía Santiago de Compostela-Brión) no lugar de Gundín (concello de Brión), seguindo á ligazón do lugar da Calle (concello de Rois) coa estrada AC-543 e varios camiños (un deles vai á estrada DP-1302, estrada de Negreira), seguindo á ligazón do lugar do Codeso (mesmo concello) coas estradas AC-543 e DP-7402, seguindo á ligazón do lugar de San Paio (concello de Noia) coas estradas AC-543 e DP-5702. Remata coa estrada AC-549 (variante de Noia e a ponte sobre a ría de Noia) e a ligazón coa estrada AC-550, no lugar de Orro (mismo concello).

Historia[editar | editar a fonte]

A obra iniciouse en xullo de 2003[3][4] como parte do Plan Galicia, para dar unha alternativa á estrada AC-543 e unir Santiago de Compostela coa ría de Muros e Noia. En primeiro lugar construíuse a autovía AG-56, que une a zona do Rial (Conxo) enlazando coa autoestrada AP-9 no km 75 con Gontade (Os Ánxeles), logo de 12 quilómetros.

En xuño de 2009, retomouse o proxecto do corredor cun novo trazado, estimando que estaría rematado a finais de 2011.[5] Este viario e unha nova ponte sobre a ría, que fora promesa electoral durante a campaña, xa se prometera nos últimos tempos de goberno de Manuel Fraga.[6]

Os dous treitos, o primeiro treito, foi inaugurado o 5 de outubro de 2010[7][8][9] que une as localidades de Brión e Martelo, sendo inaugurado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que auguraba que cando rematase a obra, desdobraríase en autovía. O segundo treito foi inaugurado o 16 de febreiro de 2011[10][11] que une as localidades Martelo e Orro e neste tempo, augurouse o desdobramento en autovía para 2015. A conexión coa nova ponte sobre a ría de Noia (estrada AC-549) foi inaugurado o 4 de xullo de 2014, esta devandita conexión é a final do corredor que lle rodea polo norte de Noia.[12]

Accidentes[editar | editar a fonte]

O 3 de decembro de 2012 chocaron frontolateralmente dous vehículos á altura da parroquia de Urdilde (Rois), tendo que ser excarceradas tres persoas. Non houbo vítimas mortais.[13]

O 15 de novembro de 2014 produciuse un aparatoso accidente con 4 vítimas mortais, logo de que dous vehículos colisionaran frontalmente nunha xornada de chuvia intensa.[14] A raíz deste accidente, a Xunta incrementou as medidas de seguridade coa instalación de balizas e paneis informativos.[15]

O 20 de setembro de 2022 colisionaron de xeito frontal dous vehículos no quilómetro 27, á altura da parroquia de Roo (Noia). Houbo dúas vítimas mortais e un ferido grave, logo de que un dos dous vehículos invadise o carril contrario. Ademais, un terceiro vehículo viuse implicado, con dous feridos leves.[16]

Desdobramento en autovía[editar | editar a fonte]

Logo do accidente de 2014,[14] abriuse o debate entre asociacións de empresarios de axilizar o desdobramento do viario en autovía. Porén, a Xunta alegaba, mediante declaracións do vicepresidente Alfonso Rueda, que isto faríase "sempre e cando se dean unhas condicións obxectivas de falta de seguridade ou se o volume de tráfico se incrementa ata os dez mil vehículos diarios", cousa que non se producía. Con todo, datos oficiais da Consellaría sinalan que os 10.000 vehículos diarios supéranse nas datas estivais, e algunhas autovías nin sequera os alcanzan.[17]

En abril de 2015 deuse a coñecer o Plan de Medias de Circulación do ano 2014 (un documento da Administración autonómica que dá a coñecer o tráfico nos seus viarios), no que sinalan unha circulación media diaria de 9.017 vehículos polo corredor, o que supón medio millar máis ca o ano anterior. Sinala, igualmente, que no verán as cifras poden alcanzar os 13.000 vehículos ao día, con picos de até 19.000 algunha fin de semana.[18]

En outubro de 2015, co gallo da publicación da lista de vías perigosas pola DXT (na que se inclúe o corredor), reavivouse a vella demanda, esta vez polo concello noiés, de que se faga o desdobramento en autovía.[19]

En outubro de 2017, nos Orzamentos da comunidade autónoma inclúese unha partida de 250.000 euros para a redacción do proxecto de desdobramento do corredor en autovía, o que permitiría iniciar as obras en 2019.[20] En abril de 2018 a Axencia Galega de Infraestruturas adxudicou a redacción do proxecto á empresa Typsa, Técnica y Proyectos. A previsión do executivo autonómico é que as obras se inicien en 2019.[21] Un ano despois, e logo de tres exercizos seguidos superando os 10.000 vehículos diarios, as obras carecen de data de inicio.[22]

En outubro de 2021, nos Orzamentos séguese a incluír unha partida de 250.000 euros para o proxecto, pero especifícase que no ano 2023 investiranse 4 millóns de euros nesta vía, o que permitiría comezar o desdobramento do primeiro treito da autovía entre Gontade (concello de Brión) e Cedofeito (concello de Lousame).[23] Na actualidade, segue pendente do orzamento para o desdobramento.[24]

Treitos[editar | editar a fonte]

Denominación Treito Kms Ano servizo
 CG-1.5   AG-56  Brión -  AC-543  Martelo 9,3 2010[7][8][9]
 CG-1.5   AC-543  Martelo -  AC-550  Orro 7,6 2011[10][11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "Núñez Feijoo asegura que un noiés llegará a Santiago en 21 minutos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de xullo de 2003. 
  4. "Noia estará a 21 minutos de Santiago en el 2007, según Política Territorial". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de xullo de 2003. 
  5. "El PP asegura que la variante con el puente costará casi la mitad que la opción interior". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de xuño de 2009. 
  6. "El PP ratifica que retomará el puente sobre la ría de Noia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de maio de 2009. 
  7. 7,0 7,1 "Feijóo sitúa a apertura do primeiro treito do corredor Brión-Noya como mostra do compromiso da Xunta de poñer en servizo máis de 150 quilómetros de vías de altas prestacións ata 2013". Consultado o 5 de outubro de 2010. 
  8. 8,0 8,1 "La Xunta iniciará el desdoble sde la autovía Brión-Noia en cuanto esté terminado el corredor, en el año 2012". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2010. 
  9. 9,0 9,1 "Feijoo compromete la autovía a Noia cuando finalice el corredor en el 2012". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2010. 
  10. 10,0 10,1 "Feijóo destaca que a posta en servizo da vía de altas prestacións Brión-Martelo-Noia permitirá acurtar á metade o traxecto con Santiago". Consultado o 16 de febreiro de 2011. 
  11. 11,0 11,1 "La apertura de un corredor pone Noia a 20 minutos de Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2011. 
  12. "Feijóo refírese á Variante de Noia como unha infraestrutura fundamental para a vertebración dá liña costeira de Galicia e para o desenvolvemento económico, turístico e territorial do Barbanza". Consultado o 4 de xullo de 2014. 
  13. "Tres heridos leves en una aparatosa colisión en el corredor entre Noia y Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2012. 
  14. 14,0 14,1 "Cuatro muertos en un accidente de tráfico en el corredor de Noia en Rois". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de novembro de 2014. 
  15. "La Xunta refuerza la seguridad vial en el corredor entre Brión y Noia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2014. 
  16. "Un choque frontal entre dos coches en el corredor de Noia se salda con dos muertos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2022. 
  17. "El corredor de Noia sí supera los diez mil vehículos diarios en verano". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2014. 
  18. "El tráfico en el corredor se acerca al tope para convertirlo en autovía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de abril de 2015. 
  19. "El informe de la DGT sobre vías peligrosas reaviva la demanda de desdoblar el corredor noiés". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2015. 
  20. "El proyecto para desdoblar el vial Brión-Noia estará listo en el 2018". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2017. 
  21. "La futura autovía a Noia avanza con la adjudicación del proyecto a Typsa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2018. 
  22. "El vial Brión-Noia supera por tercer año consecutivo el tráfico exigido para su desdoblamiento". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2019. 
  23. "Arousa norte copa los 14,8 millones de inversión de la Xunta en la comarca". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  24. "El corredor Brión-Noia se consolida y suma argumentos para su desdoble". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2023.