VG-4.1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
VG-4.1
Vía de Alta Capacidade
Sanxenxo-A Lanzada
(Corredor do Salnés)
Mapa
Vía para automóbiles VG-4.1
ID antigo
Identificador
TipoloxíaVía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude6,84 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio AG-41  Sanxenxo
Fin PO-308  A Lanzada
Circulación
TránsitoRodado, non peonil
Velocidade máxima
Restricións viarias

A VG-4.1 ou Vía de Alta Capacidade Sanxenxo-A Lanzada (Corredor do Salnés)[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Sanxenxo e A Lanzada; ambas no concello de Sanxenxo. Ten unha lonxitude de 6,84 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AG-41 en Sanxenxo e finaliza nun cruzamento coa PO-308 na Lanzada (Sanxenxo).

Percorrido[editar | editar a fonte]

Inicia na final da autovía do Salnés, AG-41, na ligazón coa estrada PO-504 con dirección cara a sur a Sanxenxo e outra cara a norte a Vilalonga, seguindo á ligazón da Xesteiriña coa estrada EP-9206, seguindo á ligazón de Pontes coa estrada que vai a Pontes (cara a sur) e a Fabal (cara a este). Remata na rotonda da estrada PO-308 á praia da Lanzada no concello do Grove.

Historia[editar | editar a fonte]

Os 3 primeiros treitos da VG-4.1 iniciaron as obras, a principios do ano 1992[3][4] (treitos: Curro-Barrantes, Barrantes-Meaño e Meaño-Sanxenxo) e foi inaugurado en xuño de 1993[5][6] sen a conexión coa autoestrada AP-9. 3 meses despois desta inauguración, inauguraron a conexión coa AP-9 desde a ligazón de Curro, en setembro de 1993.[7][8] En decembro de 1999[9][10] foi inaugurado o último treito, entre Sanxenxo e a praia da Lanzada.

Ao ser unha vía rápida mais perigosa polo aumento da sinistralidade, co desdobramento do Corredor de Salnés, pasaron do corredor galego á vía para automóbiles e reduce a velocidade limitada a 90 km/h, antes estaba en 100 km/h e polo crecemento do tráfico da vía para automóbiles, a intensidade media diaria de vehículos (IMD) superaron o límite dos 10.000 vehículos diarios e a alta sinistralidade, proxectara o desdobramento da vía para automóbiles só o treito entre a autoestrada AP-9 e Sanxenxo, coa posta de servizo en dous treitos, o primeiro treito, no ano 2008,[11][12][13] entre Curro e Sanxenxo duns 17 quilómetros e o segundo treito, no ano 2012,[14][15] entre a autoestrada AP-9 e Curro duns 2 quilómetros. Na actualidade aínda non avanzou o proxecto do último treito pendente a desdobrar, entre Sanxenxo e a praia da Lanzada.

Treitos[editar | editar a fonte]

Treitos orixinais  VG-4.1 [editar | editar a fonte]

Denominación Treito Kms Ano servizo
 VG-4.1   AP-9  Portela -  PO-531  Curro 1,6 1993[7][8]
 VG-4.1   PO-531  Curro -  AG-41  Sanxenxo 19 1993[5][6]
 VG-4.1   AG-41  Sanxenxo -  PO-308  A Lanzada 6,8 1999[9][10]

Conversión en  AG-41 [editar | editar a fonte]

Denominación Treito Kms Ano servizo
 AG-41   AP-9  Portela -  PO-531  Curro
Tramo completo
Nó de Curro  PO-531 
 
2
-
 
2012[14][15]
2012[16][17][18]
 AG-41   PO-531  Curro -  VG-4.1  Sanxenxo
Tramo parcial:  PO-531  Curro -  VG-4.2  Os Coutos
Tramo completo:  PO-531  Curro -  VG-4.1  Sanxenxo
 
7
17
 
1 carril por sentido: 2008[19][20]
2 carrís por sentido: 2008[11][12][13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "Inicia hoxe a construcción da vía rápida Pontevedra-Sanxenxo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 1992. 
  4. "Iniciadas las obras de la vía rápida de O Salnés, cuyo presupuesto supera los 3.600 millones". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 1992. 
  5. 5,0 5,1 "Abierto al tráfico la vía rápida que une Pontevedra y Sanxenxo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 1993. 
  6. 6,0 6,1 "La vía rápida de O Salnés alivia el tráfico de Pontevedra a Sanxenxo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 1993. 
  7. 7,0 7,1 "Abierto el enlace de la A-9 con la vía rápida de O Salnés". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de setembro de 1993. 
  8. 8,0 8,1 "Abierto el enlace entre la A-9 y la vía rápida de O Salnés". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de setembro de 1993. 
  9. 9,0 9,1 "Fraga inaugura el nuevo tramo de vía rápida hasta la península de O Grove". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 1999. 
  10. 10,0 10,1 "Una vía rápida une desde ayer toda la zona norte de la ría de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 1999. 
  11. 11,0 11,1 "Caride y Touriño inauguran la autovía de O Salnés y anuncian su continuación hacia O Grove y la AP-9". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2008. 
  12. 12,0 12,1 "Autovía a Sanxenxo sin pasar de 100". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2008. 
  13. 13,0 13,1 "Los alcaldes del PP piden a la Xunta que no olvide los accesos a la autovía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2008. 
  14. 14,0 14,1 "A Autovía do Salnés dispoñerá unha conexión directa de catro carrís coa AP-9, a través do nó de Curro, a partir deste venres". Consultado o 27 de xuño de 2012. 
  15. 15,0 15,1 "La autovía recupera la normalidad". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de xuño de 2012. 
  16. "A Xunta completa mañá a posta en servizo do Nó de Curro". Consultado o 10 de agosto de 2012. 
  17. "Empieza a funcionar el nudo de Curro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 2012. 
  18. "Malestar vecinal en Curro al suprimirse una rotonda". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2012. 
  19. "La Xunta habilita un carril para cada uno de los sentidos de la futura autovía de O Salnés". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de xullo de 2008. 
  20. "La Xunta garantiza el acceso a la vía de O Salnés desde todos sus enlaces". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de xullo de 2008.