PO-531

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PO-531
Mapa
Estrada PO-531
Estrada PO-531 ao seu paso por Campañó (Pontevedra)
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude18,80 km
Formato1 carril por sentido
Localización
InicioPontevedra (centro)
Fin VG-4.7  Baión

A PO-531[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Pontevedra e Baión (Vilanova de Arousa); atravesa os concellos de Pontevedra, Poio, Barro, Meis e Vilanova de Arousa. Ten unha lonxitude de 18,80 quilómetros e iníciase no centro de Pontevedra e finaliza nun cruzamento coa VG-4.7 en Baión (Vilanova de Arousa). É un tramo da antiga estrada comarcal C-531 que unía Xinzo de Limia con Vilagarcía de Arousa.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Parte da ponte da Barca, pasando pola Barca e O Vao (concello de Poio), Campañó e Alba (concello de Pontevedra), antes de internarse na parroquia de Curro (concello de Barro), onde se cruza coa AP-9 e conecta coa AG-41 (cara a Sanxenxo) e coa PO-300 (cara a Cambados). Chegando á final coa VG-4.7 e a estrada N-640 ao Carril (concello de Vilagarcía de Arousa).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.