VG-4.6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
VG-4.6
Vía de Alta Capacidade
Alto da Portela-Menduíña
(Corredor do Morrazo)
Mapa
Vía para automóbiles VG-4.6
ID antigo
Identificador
TipoloxíaVía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude2,96 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio CG-4.1  Alto da Portela
Fin PO-315  Menduíña
Circulación
TránsitoRodado, non peonil
Velocidade máxima
Restricións viarias

A VG-4.6 ou Vía de Alta Capacidade Alto da Portela-Menduíña (Corredor do Morrazo)[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades do Alto da Portela (Bueu) e Menduíña (Cangas); atravesa os concellos de Cangas e Bueu. Ten unha lonxitude de 2,96 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa CG-4.1 no Alto da Portela (Bueu) e finaliza nun cruzamento coa PO-315 en Menduíña (Cangas).

Percorrido[editar | editar a fonte]

Inicia na final do corredor de Morrazo, CG-4.1, no Alto da Portela, preto do lugar da Portela (concello de Bueu), co semiligazón á estrada PO-551, só sentido Menduíña, seguindo á ligazón do polígono industrial de Castiñeira coa estrada EP-1301 e remata na rotonda da estrada PO-315 no lugar de Menduíña (concello de Cangas), un vai en dirección sur á parroquia de Aldán (concello de Cangas) e outro vai en dirección norte á parroquia de Beluso (concello de Bueu).

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras obras iniciaron en maio de 2003[3] e forma parte do ramal do corredor do Morrazo, CG-4.1 no treito final deste mesmo corredor e foi inaugurado en decembro de 2005,[4][5][6] entre a autoestrada AP-9 e Menduíña (Cangas).

Treitos[editar | editar a fonte]

Denominación Treito Kms Ano servizo
 VG-4.6   CG-4.1  Alto da Portela -  PO-315  Menduíña 3 2005[4][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "Feijoo afirma que la vía rápida de O Morrazo estará lista en el 2005". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de maio de 2003. 
  4. 4,0 4,1 "El corredor de O Morrazo espera desde hoy 40.000 coches al día". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2005. 
  5. 5,0 5,1 "Una trampa menos para O Morrazo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2005. 
  6. 6,0 6,1 "Ingeniería de vanguardia para la carretera más cara". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2005.