Portal:Hóckey a patíns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O hóckey a patíns é un deporte de equipo que se xoga en patíns de catro rodas paralelas no que se enfrontan dous equipos de cinco xogadores cada un (un porteiro e catro xogadores de campo) que empregan un pau de madeira de forma curva ou stick para conducir e golpear unha pequena pelota de caucho. Este deporte xógase nunha pista pechada por un valo de esquinas redondeadas e dúas porterías. O hóckey a patíns non é unha modalidade olímpica na actualidade, mais nos Xogos Olímpicos de Verán de 1992 foi incluído como deporte de exhibición, gañando a medalla de ouro a selección de Arxentina.

Considérase que este deporte naceu cara finais do século XIX en Inglaterra da man de Edward Crawford como adaptación do hóckey sobre xeo. Actualmente é practicado principalmente en Europa e América do Sur, e goza do popularidade nas antigas colonias portuguesas de Angola e Mozambique. Históricamente os países que teñen dominado esta modalidade, tanto a nivel de clubes como a nivel de seleccións son España, Portugal, Italia e Arxentina.

Artigo destacado

editar

O Hockey Club Liceo (coñecido por motivos de patrocinio como Coinasa Liceo), é un equipo de hóckey a patíns da cidade da Coruña (Galiza) fundado en 1972 por catro persoas entre as que salienta a figura de Augusto César Lendoiro e que na tempada 1979-80 debutou na máxima categoría do hóckey a patíns español, categoría na que compite dende aquela. Trátase dunha icona dentro do hóckey galego e é o club deportivo máis laureado de Galiza cun total de 38 títulos (16 a nivel estatal, e 22 títulos internacionais). É un dos equipos máis laureados internacionalmente, só superado polo FC Barcelona.

As cores do equipo son a verde e a branca. Xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes de Riazor, o seu presidente é Eduardo Lamas e actualmente é dirixido polo arxentino Carlos Gil.


Así van
Categorías
Personalidade destacada

editar

Pedro Gil Gómez (tamén coñecido como Pedrito Gil), nado en Sant Sadurní d'Anoia o 13 de decembro de 1980, é un xogador de hóckey a patíns catalán e que xoga na demarcación de dianteiro. Dende a tempada 2013-14 xoga no Hockey Club Forte dei Marmi italiano. Pedro Gil desenvolveu a maior parte da súa carreira en Portugal, gañando co FC Porto sete campionatos portugueses (5 deles consecutivos) nas oito tempadas que xogou no club luso.

Entre as súas características salienta a súa velocidade, axilidade e a súa capacidade goleadora, que o levaron a ser considerado como un dos mellores dianteiros do mundo.

Imaxe destacada

editar

O capitán do C.E. Vendrell co trofeo de campión da Copa do Rei.
Vexa o artigo Copa do Rei 2013 de hóckey a patíns


Artigos de calidade e bos


Proxectos relacionados
Portais relacionados

editar

Baloncesto
Baloncesto

Baloncesto

Balonmán
Balonmán

Balonmán

Deportes gaélicos
Deportes gaélicos

Deportes gaélicos

Fórmula 1
Fórmula 1

Fórmula 1

Hóckey sobre xeo
Hóckey sobre xeo

Hóckey sobre xeo

Rugby
Rugby

Rugby

Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons