Portal:Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Portal de Colombia

Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. A costa norte e noroeste está o Mar Caribe, limita continentalmente con: Venezuela ó leste, Brasil ó sueste, Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.

O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou coa creación da Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá. A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes de que se declarase a República de Colombia en 1886. A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intesidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.

Artigo destacado

editar

El Dorado é un reino ou cidade lendario, que supostamente se atopa no territorio do antigo Vicerreinado de Nova Granada, nunha zona onde se cría que existían abondosas minas de ouro. A lenda orixinouse no século XVI, en Quito (Ecuador), cando os conquistadores españois teñen novas dunha cerimonia realizada máis ó norte (Altiplano Cundiboyacense), onde un rei se cubría o corpo con po de ouro e realizaba ofrendas nunha lagoa sagrada. Hoxe en día, sábese que este pobo era o muisca e o sitio onde se realizaba a cerimonia era a lagoa de Guatavita (Colombia). A noticia da riqueza muisca atrouxo até a sabana de Bogotá expedicións orixinadas en Quito (Ecuador), Santa Marta (Colombia) e Coro (Venezuela). A suposta existencia dun reino dourado motivou numerosas expedicións e mantívose vixente até o século XIX, aínda que a súa localización foise trasladando dende Colombia cara a Güiana, a medida que avanzaba o proceso de conquista e colonización do territorio suramericano.
Lugar de interese

editar

O Parque arqueolóxico de San Agustín é un dos máis importantes espazos arqueolóxicos de Colombia, que se atopa no sur do departamento do Huila e foi declarado en 1995 pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade. É a necrópole de maior extensión a nivel mundial.

O parque arqueolóxico atópase na conca alta do río Magdalena e os seus afluentes primarios e que relaciona concellos de Colombia, estando o seu centro no concello de San Agustín, no departamento de Huila, nas estribacións orientais do Macizo Colombiano, onde se desprenden as tres cordilleiras andinas que atravesan o país de sur a norte naa Rexión Andina. San Agustín está a 533 km de Bogotá, a 220 km de Neiva e a 33 km de Pitalito.

O parque propiamente corresponde a unha pequena zona de maior concentración de tumbas da total zona arqueolóxicas de abrangue outras rexións como o Parque Arqueolóxico Nacional de Tierradentro.

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Imaxe destacada

editar

Río das cinco cores.
Vexa o artigo Caño Cristales.


...Arquivo
Biografía destacada

editar

Quintín Lame, nado en El Borbollón, preto de Popayán, o 26 de outubro de 1880, e finado en Ortega, Tolima o 7 de outubro de 1967, foi un indíxena colombiano que intentou conformar unha república independente indíxena a comezos do século XX.

Fillo dos indíxenas nasa Mariano Lame e Dolores Chantre. En 1901, uniuse ó exército conservador e marchou a Panamá, onde viu que a loita indíxena era xusta. Cando regresou, casou con Belinda León e comezou un movemento indixenista. En 1910, foi elixido representante e defensor da cabidos indíxenas de Cauca, e a continuación, marchou a Bogotá para estudar as cédulas reais e presentarse ó Congreso.

En 1914, foi o encargado dunha revolta dos indíxenas no Cauca, querendo estendela a Huila, Tolima e Valle del Cauca. Foi acusado de construír unha república dos pobos indíxenas e foi detido o 9 de maio de 1915. Estivo na cadea preto dun ano, illado. Despois continuou arrestado, pero o movemento medrou até chegar a ser unha verdadeira "guerra racial". En 1917, foi encarcerado durante catro anos. Tamén circularon historias de que tiña supostos poderes sobrenaturais, como o da ubicuidade ou a capacidade de converterse en animal; por este motivo, o alcalde de Ortega (lugar onde estaba preso), lle cortou o cabelo varias veces, porque coidaba que o seu poder estaba alí.

O 23 de agosto de 1921, foi liberado integrouse no movemento en Tolima. En 1924, escribiu o seu libro: El pensamiento del indio que se educó en las selvas colombianas. A súa loita pola terra deu os seus froitos en 1938, cando se decretou a restitución dos resgardos de Ortega e Chaparral, escriturados en 1948.

Sabías que...?

editar

Anolis gorgonae.


...Arquivo
Portais relacionados

editar

Países de América do Sur
Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario