Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a [[fran

xa de Gaza]] ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur. O Mediterráneo bordéao polo seu oeste, e entre Xordania e Exipto sae uns poucos quilómetros ó golfo de Aqaba, extensión do mar Vermello (tamén chamado golfo de Eilat). Igualmente, ten costa co mar Morto (mar interior). Xeograficamente, contén diversas características dentro do seu relativamente pequeno territorio Israel defínese como un "Estado xudeu e democrático" nas súas Leis Básicas e é o único Estado de maioría xudía do mundo...

Artigo destacado

A Operación Entebbe foi unha misión de rescate de reféns levada a cabo polas Forzas de Defensa de Israel (FDI) no Aeroporto de Entebbe, en Uganda, o 4 de xullo de 1976. Unha semana antes, o 27 de xuño, unha aeronave de Air France con 248 pasaxeiros foi secuestrada por terroristas palestinos e simpatizantes, tomando rumbo a Entebbe, cerca de Kampala, a capital de Uganda. Pouco despois da aterraxe todos os pasaxeiros non xudeus foron liberados, quedando retidas noventa e catro persoas, a maioría israelís e os doce membros da tripulación de Air France.

As accións do exército israelí baseáronse na información subministrada pola axencia de intelixencia israelí, o Mosad. A operación ideouse a consecuencia do secuestro por parte da organización militante Células Revolucionarias e a Fronte Popular para a Liberación de Palestina, xunto coa ameaza dos secuestradores de matar aos reféns se non se cumprían as súas exixencias de liberación de presos...

Biografía destacada

Ilan Ramon (hebreo: אילן רמון, pronunciado iˈlan raˈmon), nado en Ramat Gan o 20 de xuño de 1954 e finado en Texas o 1 de febreiro de 2003, foi un coronel da Forza Aérea Israelí e astronauta da NASA.

Ramon foi especialista de carga no transbordador espacial STS-107, a misión do Columbia, na cal faleceu xunto a outros seis membros da tripulación durante o accidente de re-entrada na atmosfera terrestre. Tralo accidente foi condecorado a título póstumo nos Estados Unidos de América coa medalla de honra no espazo do Congreso...

Sabías que...?

Guerra dos Seis Días

Símbolos nacionais

Imaxe destacada

Artigos de calidade e bos

Artigos de calidade (1)

Artigos bos (0)

Categorías

Portal Alemaña
Portal Alemaña

Alemaña

Portal Austria
Portal Austria

Austria

Portal España
Portal España

España

Portal Estonia
Portal Estonia

Estonia

Portal Francia
Portal Francia

Francia

Portal Hungría
Portal Hungría

Hungría

Portal Italia
Portal Italia

Italia

Portal Países Baixos
Portal Países Baixos

Países Baixos

Portal Reino Unido
Portal Reino Unido

Reino Unido

Portal Rusia
Portal Rusia

Rusia

Portal Segunda Guerra Mundial
Portal Segunda Guerra Mundial

Segunda Guerra Mundial

Índice de Portais
Índice de Portais

Outros portais