Escorregadoiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tobogán»)
Escorregadoiro dun parque infantil no Rosal (Pontevedra).

Un escorregadoiro, esvaradoiro ou tobogán[1] é unha construción de carácter recreativo, que consiste nunha rampla deslizante elevada e unha escaleira na súa parte posterior que permite o ascenso á parte superior para proceder ao deslizamiento sobre a superficie. Pódese considerar como a parte central da diversión nos parques acuáticos modernos.

Forma[editar | editar a fonte]

Escorregadoiro de varias pendentes situado no Parque Ecolóxico Infantil Chalampampa na cidade de Pampas (Perú).
Un escorregadoiro en espiral.

Os escorregadoiros son tradicionalmente metálicos, abertos e cunha superficie recta. Con todo, existen outros tipos de escorregadoiros:

  • Escorregadoiro tubo. Consiste nunha estrutura circular de plástico a través da cal se deslizan os nenos.
  • Escorregadoiro en espiral. A superficie de deslizamento é plástica e describe unha curva que pode ser máis ou menos pechada.
  • Escorregadoiro de varias pendentes. A superficie presenta dúas ou máis pendentes de deslizamento.
  • Escorregadoiro acuático. Propio de parques acuáticos, sobre a súa superficie corre unha película de auga que favorece o deslizamento. Este escorregadoiro pode ser de gran lonxitude e contar con diferentes alturas e numerosas curvas no seu percorrido. A diferenza do resto, no escorregadoiro acuático pódense adoptar diferentes posturas de arrinque:
  • Sentado
  • Tombado cara a atrás
  • Tombado cara a adiante.

Tipos de accesos[editar | editar a fonte]

Ao escorregadoiro pódese acceder directamente por unha escaleira ou ben a través dunha construción, na que os nenos se poden entreter achegando ademais valor estético ao conxunto. A estrutura pode adoptar as máis variadas formas: torreta, forte, casiña etc. Así mesmo, o acceso pode producirse a través de varios elementos alternativamente no mesmo xogo: escaleiras, cordas etc.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escorregadoiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]