Costeleta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Costeletas de año crúas mariñadas con romeu, allo e xenxibre.

Unha costeleta é unha porción de carne que se obtén do lombo dun animal de abasto (vacún, porco ou año), xunto coa costela e parte da vértebra correspondente[1][2].

No caso de carne de vacún pode ser de boi, vaca ou vitela. En xeral cada costeleta córtase coa sección de costela que a acompaña (como no costeleta de boi), e incluso ás veces, ademais de coa costela, unha parte da vértebra correspondente (como nas costeletas de año e de porco).

A costeleta de Saxonia é unha costeleta de porco típica da cociña alemá, sometida a un proceso de cocedura, salgadura e posterior afumadura[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. "Definición en Portal das Palabras". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 11 de decembro de 2015.