Xosé María Gómez Vilabella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé María Gómez Vilabella
Biografía
Nacemento1930 Editar o valor em Wikidata (93/94 anos)
Castroverde, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xosé María Gómez Vilabella, nado en Castroverde en 1930, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi mestre de ferrado dous anos e tamén zoqueiro. Traballou como mecanógrafo no Consello Supremo de Xustiza Militar. En 1956 foi nomeado director da sucursal do Banco Exterior de España en Sidi Ifni. Incorporado ao "Batallón da gabardina" como somatenista, participou na defensa do Banco na guerra de 1957/58 e foi condecorado polo Exército. Despois traballou no Banco Exterior no Aaiún, Xixón e A Coruña, onde se retirou. Colaborou en El Progreso e La Comarca del Eo.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Castroverde. Bosquejo histórico-geográfico, 1951.
  • Cacería de ciclóstomos en Ifni, 1991 (novela).
  • ¿Pódese pasar?, 1991 (novela).
  • Historias intra da bisbarra, 1992 (relatos).
  • As feiras de Castroverde, 2007.
  • Castroverde na historia e no presente, 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]