Ximnotiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anguía eléctrica (Electrophorus electricus)

Os Ximnotiformes (Gymnotiformes) son unha orde de peixes teleósteos, dentro da superorde Ostariofisos (Ostariophysi). Comprende especies de río distribuídos por zonas tropicais húmidas desde Guatemala ata o norte de Arxentina, entre os que se inclúen os peixes eléctricos de Sudamérica e os chamados peixes coitelo.

Características[editar | editar a fonte]

Son peixes de hábitos nocturnos que se caracterizan por posuír órganos capaces de xerar un campo eléctrico. Quizais a especie máis coñecida sexa a anguía eléctrica (Electrophorus electricus), que pode emitir poderosas descargas elécticas de ata 600 voltios para cazar e defenderse. Ademais destas descargas fortes e puntuais, todos xeran de forma continua un campo de menos de 1 voltio que lles serve para a navegación e a comunicación. En cada especie este campo é distinto e característico. Os órganos eléctricos derivan evolutivamente de células musculares, de ben nos Apteronotidae derivan de células nerviosas.

O corpo é de forma de coitelo ou cilíndrico, máis ou menos comprimido. Perderon as aletas pélvicas e a dorsal, pero a aleta anal é extremadamente longa e ondulada, para permitir movementos tanto cara adiante como cara atrás. A aleta caudal pode estar ausente ou ser moi reducida.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídense en dúas subordes e seis familias, que agrupan unhas 150 especies coñecidas:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ximnotiformes
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ximnotiformes