Xestor de comunidade
Un xestor ou responsábel de comunidade (en inglés Community Manager), é a persoa que se encarga de crear, de xestionar e de dinamizar unha comunidade virtual na Internet, independentemente da plataforma ou das ferramentas dixitais empregadas, co obxectivo de conseguir que as persoas usuarias participen e interactúen entre elas. Esta figura aparece, nun principio, para coordinar e administrar os foros da Internet mais a súa importancia vai aumentar ao apareceren as redes sociais como Facebook, Tuenti ou Twitter.
No ámbito empresarial, o xestor de comunidade encárgase de xestionar as relacións dunha empresa coa súa clientela dentro do mundo dixital, grazas aos coñecementos das necesidades, das estratexias de organización e os intereses desta. Un xestor de comunidade ten de se perfilar como un estratego en comunicación en liña, con coñecementos de mercadotecnia, publicidade e relacións públicas con finalidade comercial.
O ou a xestora de comunidade ten de de desenvolver unha estratexia capaz de construír relacións arredor dunha marca e manter interaccións persoais cos membros da marca que representa. A xestión do responsábel de comunidade céntrase en coñecer a necesidade das persoas usuarias e plasmala na comunidade. No caso de empresas, estas necesidades transmítense internamente para que o empresariado as valore e modifique en consecuencia no seu produto ou no seu servizo. O obxectivo final é conseguir que estas mudanzas incrementen a cohesión e a cantidade de persoas usuarias da rede así como a mellora da calidade do servizo.
O perfil dun ou dunha xestora de comunidade ten de contar con certas características para realizar o seu traballo. Son importantes capacidades sociais para fomentar a interacción entre os membros dunha comunidade e unha sólida experiencia tanto a nivel de usuario e como membro dun equipo web.
Notas [editar]
- ↑ http://francocedillo.blogspot.com/2010/03/que-es-un-community-manager.html
- ↑ http://www.maestrosdelweb.com/editorial/que-es-un-community-manager/
- ↑ http://www.enriquedans.com/2010/05/el-perfil-del-community-manager.html
Ligazóns externas [editar]
- http://www.box.net/shared/pgur4btexi
- http://marccortes.blogspot.com/2009/02/que-hace-un-community-manager-nos.html
- http://blog.ikhuerta.com/guia-de-community-managers-en-facebook
- http://www.rizomatica.net/community-manager-en-busca-de-un-perfil/
- http://www.yeswecom.es/temas/community-manager/
- http://mashable.com/2010/08/21/community-manager-jobs/
- http://en.wikipedia.org/wiki/Community_manager
- http://thinkvitamin.com/web-industry/the-evolution-of-the-community-manager-what-comes-next/