Xesús Costa Rodil
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1944 Cervo, España |
Morte | 7 de agosto de 2018 (73/74 anos) Rianxo, España |
Actividade | |
Ocupación | catedrático, escritor |
Xesús Costa Rodil, nado en Espiñeirido (Cervo) en 1944 e finado en Rianxo o 7 de agosto de 2018, foi un profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre e licenciado en Filosofía e Letras, exerceu a docencia durante máis de corenta anos no IES Félix Muriel de Rianxo[1], vila á que dedicou gran parte do seu labor de investigación histórica.
Na súa produción destaca Rianxo no Antigo Réxime. Economía e sociedade nunha vila mariñeira do señorío arcebispal de Santiago (2001), no que fixo unha historia da súa vila de adopción ao longo de varios séculos. Centrou logo o seu interese historiográfico xa no século XX, máis concretamente na época republicana, na guerra civil e na represión franquista, do que son testemuña traballos como Rianxo na II República: firme apoio ó Estatuto de Autonomía (2003) e Rianxo na guerra civil: campo de concentración de prisioneiros de guerra (1937-1939), escrito en colaboración con Xosé Comoxo e Xesús Santos Suárez, autores cos que tamén asinou o traballo Rianxo no centenario do nacemento de Manolo Rodríguez Castelao (2005). O estudo desta convulsa época histórica estendeuno logo ao resto da comarca en obras como Galiza na guerra civil. Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo (2007), en colaboración con Xesús Santos, con quen realizou ademais un ensaio sobre a represión no maxisterio: De Padrón a Muros. A represión educativa e cultural (1936-1950) (2010). A guerra é tamén o eixo do seu relato Bandeiras de liberdade ó nacente (2006)[2].
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Cantos arousáns: Rianxo: Anacos históricos (1993), 40 p.
- Rianxo no Antigo Réxime: economía e sociedade nunha vila mariñeira do señorío Arcebispal de Santiago (2001), Concello de Rianxo ISBN 978-84-607-2455-1, 247 p.
- "De Padrón a Muros. A represión educativa e cultural (1936-1950)". Barbantia. Anuario de Estudos do Barbanza: 51–101 (2010). Con Xesús Santos Suárez[3].
- Rianxo na II República: firme apoio ó Estatuto de Autonomía (2003), Concello de Rianxo, ISBN 978-84-607-8964-2, 72 p.
- Rianxo na Guerra Civil : campo de concentración de prisioneiros de guerra : 1937-1939, (2003), con Xosé Comoxo e Xesús Santos Suárez, Concello de Rianxo, ISBN 9788460789697, 137 p.
- Galiza na Guerra Civil (2007), con Xesús Santos Suárez. Ed. Concello de Rianxo, Concello da Pobra do Caramiñal, 269 p.
- Rianxo no Antigo Réxime: actividades económicas básicas, USC[4].
- Do Sar ao monte Louro. Memorial da represión (1936-1950), 2019. Con Xesús Santos Suárez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Don Xesús Costa Rodil. Sempre na lembranza". bicodaria.com. Consultado o 08/08/2018.
- ↑ Rodríguez, Pastor. "Xesús Costa Rodil investiga a historia de Rianxo". lavozdegalicia.es. Consultado o 08/08/2018.
- ↑ "Anuario Barbantia 2010" (PDF). barbantia.es. Consultado o 08/08/2018.
- ↑ "Rianxo no Antigo Réxime". wordcat.ort. Consultado o 08/08/2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Intercambio Burela Rianxo
- Acto de lembranza do IES Félix Muriel, 7 de xuño de 2019.
- Acto institucional do Concello de Rianxo: nomeamento como Fillo adoptivo de Rianxo (11 de novembro de 2023)