Xeografía de Bulgaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bulgaria está composta polas rexións clásicas de Tracia, Moesia e Macedonia. O sudoeste do país é montañoso e contén o punto máis elevado da península Balcánica, o Musala, con 2 925 m. O cordal dos Balcáns atravesa o centro do país de leste a oeste, ó norte do famoso val das Rosas. Bulgaria está dividida polas rexións da planicie e outeiros polo sueste, o leste está delimitado ó longo da costa do mar Negro e as marxes do río principal de Bulgaria, o Danubio, a limitan ó norte. Outros rios importantes son o Struma e o Maritsa, no sur do país.

O clima búlgaro é temperado, con invernos fríos e húmidos e veráns mediterráneos, quentes e secos.

A península Balcánica recibe o seu nome do cordal dos Balcáns, coñecida en búlgaro como Stara Planina, que percorre o centro de Bulgaria e chega ata ao leste de Serbia.