Río Maritsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Maritsa
O Maritsa ou Meriç, cerca de Edirne
PaísBulgaria, Grecia, Turquía
NacementoMontes Rila
Lonxitude515 km
Conca52.900 km²
Caudal medio103 m³/s
DesembocaduraMar Exeo
Mapa con localización do Maritsa.

O río Maritsa (en búlgaro Марица), chamado polos gregos Evros (Εβρος), latinizado como Hebrus, e coñecido polos turcos como Meriç, é con 515 km de lonxitude o maior curso fluvial que efectúa o seu percorrido só dentro da Península balcánica. Nado en Bulgaria, no seu curso inferor fai de fronteira entre Grecia e Bulgaria e, tamén, entre Grecia e a Turquía europea. Desauga no mar Exeo.

Curso[editar | editar a fonte]

O Maritsa nace nos montes Rila, no suroeste de Bulgaria, cerca do monte Musala. A súa corrente diríxese cara ao sueste e os montes Ródopes; atravesa logo Plovdiv e Parvomay, para dirixerse en dirección a Edirne, Turquía. No seu curso alto, o val do Maritsa constituíu a principal ruta de movemento entre o leste e o oeste. No curso medio, un curto tramo do río penetra enteiramente no territorio turco; isto foi acordado así no seu momento para evitar que a cidade de Edirne encarase na beira oposta territorio grego. O resto do río até o mar conforma a fronteira greco-turca. Cerca de Kastanies, vira para o sur, para desembocar en delta, finalmente, no mar Exeo preto da cidade turca de Enez.

A conca do Maritsa abrangue unha área total aproximada de 52.900 km²: un 66% da área total pertence a Bulgaria (34.900 km²); un 27,5% a Türquía (14.550 km²) e un 6,5% a Grecia (3.450 km²). O delta espállase por unha superficie de 188 km², dos que un 90 % é territoio grego e un 10 % turco.

O seu caudal medio é de 103 m³/s, pero submetido ao réxime de chuvias mediterráneo, o seu caudal pode alcanzar medicións extraordinarias, como ocorreu en febreiro-marzo de 2005, cando evacuou até 1.000 m³/s.

Como non é un río navegable é aproveitado para producir enerxía hidroeléctrica e para irrigación. Entre os encoros máis importantes do río cómpre destacar o de Kiprinos.

Afluentes principais[editar | editar a fonte]

Localidades nas beiras[editar | editar a fonte]

Entre os lugares importantes sitos nas marxes do Maritsa cóntanse:

Historia[editar | editar a fonte]

En 1371, o río foi testemuña da batalla do Maritsa, tamén coñecida como batalla de Chernomen, unha sonada vitoria do Imperio Otomán sobre unha coalición serbo-búlgara. Vukašin Mrnjavčević e Jovan Uglješa perderon a súa vida no combate.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]