Wikipedia:Xornal da Galipedia/01-08-2010/Redes sociais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Redes sociais

A Galipedia faise visible en Twitter

Por Albert galiza, 1 de agosto de 2010

Pretende ser unha nova canle de contacto e información que chegue ó meirande número de persoas posible

En realidade o primeiro twit ou chío foi hai algo máis de un ano, un 21 de xullo de 2009, aínda que foi a partir de outubro cando a cousa botou para adiante de verdade. Os chíos adoitan consistir en novas sobre o proxecto, coma a elección dun novo artigo de calidade ou dos artigos destacados na portada; publicación de efemérides con ligazóns cara ós nosos artigos (a Uxío Novoneyra no Día das Letras Galegas, a Amin Maalouf cando foi nomeado Premio Príncipe de Asturias ou a José Saramago polo seu pasamento); e ligazóns cara ás nosas imaxes e artigos. Polo de agora a Galipedia ten 84 seguidores con tan só 24 chíos, e foi engadida a 17 listas. Se tedes conta en Twitter non esquezades seguirnos!

01-08-2010
Neste número

← Volver aos contidos

+ Engade un comentarioConversa sobre esta historia
Aínda non hai comentarios. Ti podes ser o primeiro en achegar unha opinión!